Benvida

Benvida

D. ANGEL BLAS PAZ DIAZ
Presidente FEGATO
 
B E N V I D A
 
Esta páxina Web da Federación Galega de Tiro Olímpico, pretende ser un lugar de encontro para tódalas persoas que amamos o deporte do tiro, edítase, coa pretensión de facilitar ós tiradores, o coñecemento de normas, regulamentos e calendarios que rexerán a actividade deportiva en Galicia durante o ano 2000, ó mesmo tempo que se convida ó resto de tiradores e persoas interesadas neste deporte, para que nos poidan coñecer e compartir connosco a actividade deportiva programada para o ano que andamos. Tamén se ofrece a posibilidade de comentar e opinar sobre os contidos da devandita páxina, ó tempo que se agradecen as ideas e opinións encamiñadas a mellorar, tanto a estructura propia da mesma, temas, contidos etc., como a programación deportiva de cara a vindeiras ediccións, para o que poñemos á vosa disposición o noso buzón de correo electrónico, con enderezo galega@fegato.es, así como calquera outra colaboración sobre temas relacionados co deporte do tiro. Gracias pola visita, quedando á espera da vosa colaboración.
Un saúdo.
O PRESIDENTE,