Normas para a práctica de percorridos de tiro

 

NORMAS  PARA A  PRÁCTICA DE  PERCORRIDOS DE TIRO

2017

 

 

CONSIDERACIÓNS XERAIS:

 

As  competicións de percorridos de tiro rexeranse  polos regulamentos técnicos oficiais de I.P.S.C.en vigor.

           

Ademais das normas vixentes de IPSC a FEGATO, como organizadora das competicións no ámbito autonómico, poderá introducir as  modificacións ou adaptacións que considere oportunas e necesarias para o seu mellor desenvolvemento.

 

A clasificación da tirada realizarase  co programa informático da Federación Internacional de I.P.S.C. ou, no seu defecto, por calquera outro contrastado polo  Comité técnico da FEGATO.

 

CLUBS:

 

Os clubs interesados na práctica desta modalidade deberán estar adscritos á  FEGATO  e inscritos no Rexistro Nacional de Clubs ademais de posuír a habilitación federativa. Solicitar esta habilitación federativa  implica ter acreditada a práctica das modalidades da ISSF.

 

Todos os clubs rexistrados e habilitados para exercer as actividades de percorridos de tiro deberán coñecer e acatar as normas e regulamentos vixentes para esta modalidade.

 

Obrigatoriamente terán contratado un seguro con cobertura de  responsabilidade  civil e danos a terceiros             

 

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS:

 

Os clubs que desexen organizar competicións desta modalidade, ademais de cumprir coas condicións expostas nos apartados anteriores,  deberán enviar co  tempo suficiente, en calquera caso nunca será inferior a un mes antes da celebración da proba,  unha copia completa do programa que se vai realizar, no que deben figurar:

 

-                          Os exercicios que se van realizar co seu esquema

-                          Nome do director da competición e  relación de árbitros propostos

-                          Formulario de inscrición e  de reclamación

-        O prazo límite de inscrición e todas as demais especificacións necesarias para a realización da competición.

           

Unha vez examinada pola Comisión técnica da FEGATO comunicarase, no prazo máximo de dez (10) días,   a aceptación da proba e do programa, coas modificacións precisas se has houber atendendo sempre á súa adecuación ó regulamento e ós puntos de vista da seguridade.

 

Encargarase tamén de enviar unha copia do programa da Tirada á FEGATO  e a cada  delegación provincial  para que sexa difundido entre os clubs.

 

TIRADORES:

 

Todos os tiradores que desexen participar deberán estar afiliados á FEGATO e  asociados a un club que estea  recoñecido pola REFEdeTO  para exercer esta actividade no  ámbito nacional.

 

Deberán acreditar a súa participación en actividades federativas de ámbito autonómico durante un ano, ou dous en ámbito provincial, nas modalidades deportivas recoñecidas pola ISSF.

Aparte das anteriores e demais normas deberán estar, obrigatoriamente, en posesión da Licenza de Armas de Fogo Corta.

 

A condición de tirador que practica a modalidade de percorridos de tiro  obriga a recoñecer e acatar todas as normas e regulamentos en vigor.

 

Participación de deportistas extranxeiros.-

A participación de deportistas extranxeiros nas Competicións Oficiais  rexirase, ademáis do establecido no  Regulamento de Réximen Interior, por os seguintes apartados:

 

Deportistas Residentes en España:

A súa participación queda condicionada ós mesmos requisitos exigidos ós tiradores galegos: marcas mínimas, Licenza Federativa do ano do curso, etc.

 

Nas clasificacións individuais non poderán proclamarse campións, subcampións ou terceiro, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtidoo.

 

Nas modalidades olímpicas, no poderán participar en Finais Olímpica.

 

Deportistas Non  Residentes en España:

A) Comunitarios: Poderán participar en competicións oficiais, tanto a título individual como formando parte de equipos de clubs en aqueles casos que a lexislación particular o permita, sempre que demostren a súa afiliación a Entidad Deportiva que desexen representar e estean en posesión da Licenza federativa.

 

Nas  clasificacións individuais non poderán proclamarse campión, subcampión o terceiro, nin participar en final olímpica, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtido.

 

Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario obter autorización das autoridades españolas para a entrada e salida das armas.

 

B) No Comunitarios: Non poderán participar en competicións oficiais de ámbito estatal.  Exclusivamente e dentro de acordos puntuais,  poderase permitir a participación de extranxeiros  non comunitarios e non residentes fora de concurso e previa invitación da FEGATO,  tendose en conta  en cada momento o principio de reciprocidade internacional. En ningún caso poderan participar na final olímpica. Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario, obter permiso das autoridades españolas para a entrada e salida das suas armas.

 

 

CLASES DE TIRADOR

 

As Clases de tirador Para a  Modalidade de IPSC son as seguintes:

 

-        Juniors entre os 18 e os 20 anos

-        “Donas” Competidoras do xénero feminino.

-        “Xeral” Competidores dende 21 aos 49 anos.

-        “Seniors” Competidores dende os 50 aos 59 anos.

-        “Súper Sénior” a partires dos 60 anos.

 

 

Cambios de clase de tirador

 

Todos os tiradores cambiarán de Clase  no mesmo ano no que cumpran a idade mínima fixada. Os tiradores que pasen  a Clase Veteranos, teñen a posibilidade de renunciar a dita Clase  mediante solicitude por escrito á FE.GA.TO.

A renuncia en favor da permanencia na Clase Senior haberá de realizarse antes do día 30 de Novembro do ano en curso.

 O incumpremento deste requisito en tempo e forma invalidará a pretensión do tirador, non pudendo ser inscrito na categoría senior.

Unha vez efectuada a renuncia á Clase de veterano manteráse a de senior ata nova solicitude de cambio de categoría.

 

-       Os tiradores que desexen participar en clases de idade superior a que posúen, excepto na de veteranos, deben comunicalo á FEGATO antes de participaren en calquera competición que esta organice e  renunciar á que posúe non podendo participar, durante o ano,  noutra distinta  á que elixiu.

 

 

DIVISIÓNS:

 

Establécense as seguintes divisións: 

 

o  Open

o  Estándar

o  Producción

 

Celebrarase o campionato galego de cada unha destas  divisións,  sempre que haxa inscritos un  mínimo de seis (6)  tiradores en  cada unha delas.

 

As competicións de IPSC rexeranse, no concerninte a idade de cada Clase,  polo seu regulamento

                               

Recoñecerase a clase de tirador, excepto na categoría Junior,  cando haxa,  como mínimo,  unha inscripción de tres tiradores. De non ser así agruparase na categoría anterior. 

            INSCRICIÓNS:

 

Os clubs  utilizarán o formulario oficial correspondente, incluído no programa facilitado polo club organizador,  tramitarán as inscricións dos seus socios capacitados para intervir nestas competicións. Se por causas razoables non puidese realizarse a inscrición colectiva os propios interesados terán que cursala de forma individual.                

                              

As inscricións serán remitidas directamente ó club organizador,  dentro do prazo límite marcado no programa,  achegando xustificante de aboamento das inscricións (individuais e  equipos). O club organizador remitiralle  á FEGATO a relación de tiradores e clubs inscritos para comprobar que reúnen as condicións esixidas para a súa participación.

                                               

As cotas de inscrición, individual e por equipos,  serán fixadas polo club organizador o seu importe estará  en función dos gastos que se  orixinen debido ás características de montaxe, o número de exercicios do Percorrido, os de organización,  persoal de apoio e trofeos.

 

Os gastos, que serán por conta  do club organizador, serán aboados con cargo ós ingresos  por  inscricións.

 

Os gastos de arbitraxe serán asumidos pola FEGATO. De se producir gastos de desprazamento, estes  serían  aboados  polo  club organizador.   En ambos  casos o pagamento  realizarase  de acordo coas normas da FEGATO.   

 

TROFEOS:

                  

 Establécense  os seguintes trofeos, mínimos, atendendo o nivel de participación :

 

Individual :

 

·            1 a 4 tiradores         1º                     Diploma

·            De 1 a 7 tiradores   1º                     Trofeo e Diploma

                                            2º ,3º,4º,5º,6º  Diploma

·            De 1 a 9 tiradores   1º e 2º             Trofeo e  Diploma

                                            3º, 4º,5º,6º      Diploma                                                                               

·            De 10 en diante      1º 2º e  3º        Trofeo e Diploma

                                            4º, 5º e  6º       Diploma 

 Equipos:  

·          3 equipos                 1º                     Diploma

                                            2º                     Diploma

·            De 4 a 6                    1º                     Trofeo e Diploma

                                            2º, 3º e 4º       Diploma

·            De 6 en diante        1º 2º e  3º       Trofeo e Diploma

                                            4º, 5º e  6º      Diploma                  

           

A  organización,  ademais dos anteriores,  poderá establecer os trofeos de cortesía  que considere oportunos.

Ó finalizar a  competición procederase á entrega dos trofeos.

  

COMPETICIÓN:

           

Antes do comezo da competición deberase expoñerlles  en lugar visible e accesible a todos os participantes a seguinte información:

 

-   Identificación do match director, do ranger master, dos ranger officers designados e do delegado federativo da FEGATO

-   Relación de participantes e composición das escuadras

-   Relación dos equipos e os seus compoñentes

-   Cadro de distribución de escuadras por Stages e horarios de comezo

-   Composición do xurado de competición

 

Tamén deberán figurar os premios, que se entregarán atendendo á participación, por categoría das armas e de tirador.

 

-   Os tiradores que desexen participar en campionatos organizados pola Real Federación Española de Tiro Olímpico deberán formalizar a inscrición na sede da FE.GA.TO en Lugo,  debendo  aboar  os  importes na conta da FE.GA.TO. aperturada en “ ABANCA” co número ES83 2080-5500-4130- 4011-3430,  todo isto  72 horas antes de que finalice o prazo da REFEdeTO

 

Para o non contemplado nestas e como ampliación  delas estarase ó disposto nas:

 

-Regras da Confederación Internacional de I.P.S.C.

-Normas técnicas para a práctica de Percorridos de Tiro de R.F.de  T.O.

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS FASES FINAIS  DE CLUBS:

 

Os clubs, para poder participar nos Campionaos Galegos Fases Finais de Clubs deberán estar inscritos na Federación Galega de Tiro Olímpico  e ter abonado  o canon federativo do ano en curso.

 

Os clubs poderán  presentar tantos equipos como desexen.

 

Os equipos estarán formados por  catro (4)  tiradores, dos que puntuarán os tres ( 3) mellores  clasificados das distintas divisións.

 

Para formar parte dun equipo os tiradores terán que estar inscritos no campionato de forma individual

 

Os tiradores que participen  só poderán representar o club que figure na súa licenza federativa

 

Soamente haberá unha clasificación por equipos.

 

Para que se leve a cabo  terá que haber inscritos como mínimo  tres equipos de  clubs.

 

 

AXUDAS EN CAMPIONATOS FASES FINAIS :

 

Nos campionatos Fases Finais establecense , sempre que haxa unha participación de 10 tiradores ou mais, as axudas seguintes por División :  

 

-          O Campión Galego:      90,00 €

-          O Subcampión Galego: 75,00  € (sempre que acade ou supere  o 97% de efectividade na clasificación xeral )

-          O Terceiro clasificado:  50,00  € (sempre que  acade ou supere o 95% de efectividade na clasificación xeral )

 

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  FASES PRELIMINARES CAMPIONATOS DE ESPAÑA

 

                                     

 

Para o ano 2017 terán recoñecemento de Fases Preliminares dos Campionatos de España e  serán consideradas  por la REFEdeTO, validas os efectos de renovación de 1ª ou ascenso a 1ª categoría da Licenza de Armas Tipo “F”   as Fases Finais das Modalidades seguintes:

 

-       Percorrido de Tiro en todas as División 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE PERCORRIDOS DE TIRO

 

FORMACIÓN DE EQUIPOS

 

 

1.       FORMACIÓN DE EQUIPOS E  AXUDAS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

                                                                

 

EQUIPOS

 

A  FEGATO, sempre que o estime conveniente, en base ó nivel dos posibles asistentes e si as condicións económicas o permitan, enviará un (1) equipo galego que represente a Galicia nos campionatos de España

 

-   Para poder formar parte do equipo Galego os tiradores deberán ter a mesma categoría deportiva na FE.GA.TO. que na Real Federación Galega de Tiro, de non ser así non serán seleccionados para a formación de equipos galegos nos campionatos  nacionais.

 

-   Na modalidade de Percorridos de tiro, para formar equipo que represente a esta Federación nos Campionatos de España nas distintas divisións  terán que participar, no Campionato galego, un mínimo de 12 tiradores en cada  división   e que os 4 integrantes do equipo superen o  80 % de efectividade.

 

-   Os equipos da FEGATO estarán compostos por catro tiradores e formaranse da seguinte maneira:

 

-   Os compoñentes serán os tres  primeiros clasificados coas puntuacións mais altas na fase final do Campionato Galego o cuarto compoñente designarase a criterio da FEGATO.

A cota de inscrición dos compoñentes dos equipos galegos será con cargo á FEGATO.

 

Un tirador representará a Galicia cando así o propoña a FEGATO mediante a súa inscrición oficial.

 

 Axudas

 

As axudas  programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía.

                           

Os compoñentes do equipo galego participantes no Campionato de España representando a Galicia terán as seguintes  bolsas de axuda  para desprazamentos e estancias:

,

·   Na Comunidade Autonómica.............................................................. 150,00 €

·  Ata  500 km, a contar dende a sede federativa.................................. 270.00 €

·  A partir de 500 km ................................................................................. 300.00 €

 

Tamén percibirán  de axuda nos campionatos de España os tiradores que obteñan, na clasificación Xeral, os tantos %   que máis abaixo se indican Se o Campionato  celébrase  na Comunidade Galega a axuda será de  150,00 €.

 

Axudas según o tanto por % da Clasificación Xeral.

 

·         Damas  ........................................................................................................ 50%

·         Senior .......................................................................................................... 75 %

·         Veteranos..................................................................................................... 60 %

·         S-Veteranos.................................................................................................. 55 %

 

Os tiradores que nos Campionatos de España acaden unha medalla a nivel  individual recibirán as  axudas seguintes :

 

·       Medalla de Ouro.................................................................................. 100,00 €  

·       Medalla de Prata..................................................................................   75,00 €

·       Medalla de Bronce..............................................................................   50,00 €

 

Os tiradores do punto 1, 1.1 e 1.1.2 que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda

1.1.   FORMACIÓN EQUIPOS INCOMPLETOS

 

 

No caso de que  só  “un” ou ”dous”  tiradores  cumpran coas condicións do punto “1”, a FEGATO. `podería  completar o equipo  cos tiradores  inscritos que teñan o máximo porcentaxe aínda que  non alcanzasen  o esixido no  BAREMO “B”.

 

A estes tiradores, que completan o equipo,   abonaráselles o importe das inscricións y en el caso de que o equipo consiga  algunha medalla  se lles daría, en función desta, a  axuda seguinte:

 

-   Medalla de Ouro...................................................................... 200,00 € (150,00 € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 € (100,00 €  na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 €  (  75,00 € na Comunidade Autonómica)

 

 Ademais das anteriores tamén se lles aplicará o BAREMO “C” alternativamente

               

As axudas  programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía.

 

1.1.2 AXUDA INDIVIDUAL

 

-   Se non se formase equipo, a FE.GA.TO, concederá a axuda establecida para  aqueles tiradores que houberan alcanzado no campionato de España do ano anterior o porcentaxe esixida no Baremo “C”.

 

Os tiradores do punto 1, 1.1 e 1.1.2 que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda

 

1.2.      FORMACION EQUIPOS A PETICIÓN PROPIA

  A FE.GA.TO , a petición dos tiradores inscritos, poderá  formar equipos  que a representen nos Campionatos de España..

Os tiradores interesados, e que cumpren as condicións xerais para formar equipo, deben solicitar por escrito a súa vontade de formar equipo sabendo que non teñen dereito a axuda.

 A  FEGATO  só  aboaría os gastos de inscrición dos equipos.  En caso de conseguir algunha  medalla se lles daría, a cada un dos compoñentes, sempre que participasen mais de tres equipos, as axudas seguintes:

Medalla de Ouro      200,00 € (150,00 € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 € (100,00 €  na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 €  (  75,00 € na Comunidade Autonómica)

 

Ademais das anteriores tamén se lles aplicará o BAREMO “C” alternativamente

 

As axudas  programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía.

 

 

Os compoñentes do equipo galego que resulten clasificados deberán esperar a entrega de trofeos e  recibir a honra que lles corresponda. Proporcionaráselles vestimenta con anagramas da FEGATO, que deberán usar, obrigatoriamente, na entrega de trofeos, medallas ou diplomas.

En todos os casos as inscricións deben ter entrada antes das 13 horas do día que finalice o prazo de inscrición na FE.GA.TO.( 72 horas antes do peche na RE.FE.deTO) Despois deste prazo os equipos que se inscriban non recibirán axuda da FE.GA.TO

OUTRAS AXUDAS

 

Na Copa Copa Presidente percibirán axuda os que a final destas cumpran as seguintes condicións:

 

-            400.00.- € - os que asistan a catro *fases e queden no Ranking Nacional entre os oito primeiros postos

-            300.00.- € - os que asistan a tres *fases e queden no Ranking Nacional entre os oito primeiros postos

 (*nas fases conta o campionato de españa)

 

                                             

A xunta directiva da FEGATO, previa aprobación da comisión delegada, poderá aumentar  ou diminuír as axudas segundo as disposicións económicas.

 

Os tiradores que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda

.

A negativa a formar equipo sen causa xustificada ou o incumprimento das normas anteriores suporá a non percepción da axuda correspondente así como o veto para formar equipos que representen a Federación Galega de Tiro Olímpico.

 

Para percibir as axudas programadas os tiradores teñen que cumprir co disposto no artigo 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia.

 

De non acudir o presidente ou vicepresidente dá Sección de Precisión  nomearase a un Delegado Federativo que representará á FEGATO no campionato designado, coa obriga de exercer as funcións encomendadas. Unha vez finalizada a competición deberá, á maior brevidade posible, remitir informe do desenvolvemento do Campionato para constancia da Federación.

Se o Delegado Federativo é compoñente dos equipos da Federación Galega de Tiro Olímpico, aboaránselle unha axuda de custo reducida por cada día de competición mais outro polo día anterior ó inicio da Competición. De non ir formando parte do equipo, aboaránselle, ademáis, os gastos de desprazamento.

 

 Para poder cobrar os premios en metálico ou bolsas de axuda, os tiradores teñen que cumprir coa condición política de galego que ben establecida no Artigo 3.1 da lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía de Galicia no que se di expresamente que gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estatuto, teñan a vecindade administrativa en calquera dos municipios de Galicia

 

 

As presente normas foron aprobadas pola asemblea da Federación Galega de Tiro Olímpico, en sesión ordinaria celebrada o ____________

------------------------------------------ O ---------------------------------------------

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FEDERACIÓN GALEGA DE TIRO OLÍMPICO

 

  NORMAS  PARA A MODALIDADE DE F-CLASS

 

CONSIDERACIÓNS XERAIS:

 

As  competicións da Modalidade de FCLASS  rexeranse  polos Regulamentos Técnicos e as Normas en vigor.

           

Ademais das normas vixentes de F-Class a FEGATO, como organizadora das competicións no ámbito autonómico, poderá introducir as  modificacións ou adaptacións que considere oportunas e necesarias para o seu mellor desenvolvemento.

 

TIRADORES

 

-          La condición de tirador que practica a especialidade de F-Class obliga a coñecer e acatar todas as normas e regulamentos vixente.

 

-        Para participar nas competicións programadas pola Federación Galega de Tiro Olímpico deberán ter a Licenza federativa en vigor.

 

-          Os tiradores deberán xestionar a sua licenza federativa a través do Club asociado ata o  30 Xuño. A cota de xestion da licencia de 3 euros só se aboará a aqueles Clubs que a xestionen antes do 30 de Xuño.

-          O prazo para retirar as licencias nas Delegacións remata o 30 de Setembro. Despois desta data as licenzas serán devoltas a FEGATO .

 

 

Participación de deportistas extranxeiros.-

A participación de deportistas extranxeiros nas Competicións Oficiais  rexirase, ademáis do establecido no  Regulamento de Réximen Interior, por os seguintes apartados:

 

Deportistas Residentes en España:

A súa participación queda condicionada ós mesmos requisitos exigidos ós tiradores galegos: marcas mínimas, Licenza Federativa do ano do curso, etc.

 

Nas clasificacións individuais non poderán proclamarse campións, subcampións ou terceiro, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtidoo.

 

Nas modalidades olímpicas, no poderán participar en Finais Olímpica.

 

Deportistas Non  Residentes en España:

A) Comunitarios: Poderán participar en competicións oficiais, tanto a título individual como formando parte de equipos de clubs en aqueles casos que a lexislación particular o permita, sempre que demostren a súa afiliación a Entidad Deportiva que desexen representar e estean en posesión da Licenza federativa.

 

Nas  clasificacións individuais non poderán proclamarse campión, subcampión o terceiro, nin participar en final olímpica, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtido.

 

Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario obter autorización das autoridades españolas para a entrada e salida das armas.

 

B) No Comunitarios: Non poderán participar en competicións oficiais de ámbito estatal.  Exclusivamente e dentro de acordos puntuais,  poderase permitir a participación de extranxeiros  non comunitarios e non residentes fora de concurso e previa invitación da FEGATO,  tendose en conta  en cada momento o principio de reciprocidade internacional. En ningún caso poderan participar na final olímpica. Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario, obter permiso das autoridades españolas para a entrada e salida das suas armas.

 

CLUBS:

 

Os clubs interesados na práctica desta modalidade deberán estar adscritos á  FEGATO  e inscritos no Rexistro Nacional de Clubs ademais de posuír a habilitación federativa.

 

Todos os clubs rexistrados e habilitados para exercer as actividades de F-Class deberán coñecer e acatar as normas e regulamentos vixentes para esta modalidade.

 

Obrigatoriamente terán contratado un seguro con cobertura de  responsabilidade  civil e danos a terceiros             

 

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS:

 

·                Club responsable da competición deberá enviar  a FE.GA.TO, 30 días antes da celebración da proba, para a súa difusión entre as Delegacións Provinciais,  unha copia  do programa da Competición que se vai realizar no que debe figurar, como mínimo, a seguinte información :

 

-                          O prazo límite de inscrición

-                          O costo do inscrición

-                          Datas e horario de adestramento

-                          Hora de comenzo de Competición

-                          Xuices-árbitros que se propoñen

-        Formulario de inscrición e  de reclamación

 

Se establecerá unha única clasificación individual ( categoría absoluta) nas distintas modalidades.

 

            INSCRICIÓNS:

 

Tanto os clubs  como os  tiradores utilizarán o formulario oficial correspondente,  facilitado polo club organizador , para  tramitar  as inscricións. Se por causas razoables non se puidese realizar a inscrición colectiva os propios interesados terán que cursala de forma individual.                

                              

As inscricións serán remitidas ó club organizador con copia a FEGATO ( galega@fegato.gal),  dentro do prazo límite marcado no programa,  achegando xustificante de aboamento das inscricións (individuais e  equipos). Finalizado o prazo de inscrición, o Club organizador remitiralle  á FEGATO a relación de tiradores e clubs inscritos para comprobar que reúnen as condicións esixidas para a súa participación.

                                               

As cotas de inscrición, individual e por equipos,  serán fixadas polo club organizador o seu importe estará  en función dos gastos que se  orixinen debido ás características de montaxe, organización,  persoal de apoio e trofeos, que se serán por conta do Club organizador.

 

Os gastos, que serán por conta  do club organizador, serán aboados con cargo ós ingresos  por  inscricións.

 

Os gastos de arbitraxe serán asumidos pola FEGATO. De se producir gastos de desprazamento, estes  serían  aboados  polo  club organizador.   En ambos  casos o pagamento  realizarase  de acordo coas normas da FEGATO.   

 

TROFEOS:

                  

    Establécense  os seguintes trofeos, mínimos, atendendo o nivel de participación :

 

Individual :

 

·            1 a 4 tiradores         1º                     Diploma

·            De 1 a 7 tiradores   1º                     Trofeo e Diploma

                                            2º ,3º,4º,5º,6º  Diploma

·            De 1 a 9 tiradores   1º e 2º             Trofeo e  Diploma

                                            3º, 4º,5º,6º      Diploma                                                                               

·            De 10 en diante      1º 2º e  3º        Trofeo e Diploma

                                            4º, 5º e  6º       Diploma 

 Equipos:  

·          3 equipos                 1º                     Diploma

                                            2º                     Diploma

·            De 4 a 6                    1º                     Trofeo e Diploma

                                            2º, 3º e 4º       Diploma

·            De 6 en diante        1º 2º e  3º       Trofeo e Diploma

                                            4º, 5º e  6º      Diploma  

 

A  organización,  ademais dos anteriores,  poderá establecer os trofeos de cortesía  que considere oportunos.

Ó finalizar a  competición procederase á entrega dos trofeos.

 

Para o non contemplado nestas e como ampliación  delas estarase ó disposto no:

-Regulamento Técnico Oficial da ICFRA en vigor.

-Normativa para el Desarrollo de las Competiciones de F-Class de la R.F.de  T.O.

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS FASES FINAIS  DE CLUBS:

 

Os clubs, para poder participar nos Campionatos Galegos Fases Finais de Clubs deberán estar inscritos na Federación Galega de Tiro Olímpico  e ter abonado  o canon federativo do ano en curso.

 

Os clubs poderán  presentar tantos equipos como desexen.

 

Os equipos estarán formados por  catro (4)  tiradores, dos que puntuarán os tres ( 3) mellores  clasificados das distintas divisións.

 

Para formar parte dun equipo os tiradores terán que estar inscritos no campionato de forma individual

 

Os tiradores que participen  só poderán representar o club que figure na súa licenza federativa

 

Soamente haberá unha clasificación por equipos.

 

Para que se leve a cabo  terá que haber inscritos como mínimo  tres equipos de  clubs.

 

AXUDAS EN CAMPIONATOS FASES FINAIS :

 

Axudas:

 

Durante o presente ano aboaranse as axudas que se  que se sinalan no BAREMO “ D “

 

Para poder cobrar os premios en metálico ou bolsas de axuda, os tiradores teñen que cumprir coa condición política de galego que ben establecida no Artigo 3.1 da lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía de Galicia no que se di expresamente que gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estatuto, teñan a vecindade administrativa en calquera dos municipios de Galicia.

 

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  FASES PRELIMINARES CAMPIONATOS DE ESPAÑA

 

                                     

 

Para o ano 2017 terán recoñecemento de Fases Preliminares dos Campionatos de España e  serán consideradas  por la REFEdeTO, validas os efectos de renovación de 1ª ou ascenso a 1ª categoría da Licenza de Armas Tipo “F”   as Fases Finais das Modalidades seguintes:

 

-       F-Class 100,300 mts. e 600 e 900 ydas.

 

 

 

 

 

 

1.       FORMACIÓN DE EQUIPOS E AXUDAS PARA CAMPIONATOS DE ESPAÑA

                                                                

                                                               EQUIPOS

 

A  FEGATO, sempre que o estime conveniente, en base ó nivel dos posibles asistentes e si as condicións económicas o permitan, enviará un (1) equipo galego que represente a Galicia nos campionatos de España

 

-        Para poder formar parte do equipo Galego os tiradores deberán ter a mesma categoría deportiva na FE.GA.TO. que na Real Federación Galega de Tiro, de non ser así non serán seleccionados para a formación de equipos galegos nos campionatos  nacionais.

 

-        Os equipos da FEGATO estarán compostos, se e posible, por os catro  tiradores coas puntuacións mais altas  nas fases finais dos Campionatos Autonómicos sempre que acadasen as puntuacións mínimas esixidas no BAREMO “B”, o terceiro desinarase a criterio da FE.GA.TO.

 

-          Ós componentes dos equipos galegos se lle aboarán as inscricións e as cotas das  modalidades das  que forme equipo.

 

Un tirador representará a Galicia cando así o propoña a FEGATO mediante a súa inscrición oficial.

 

Bolsas de Axuda

 

 

As axudas  programadas nas distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía.

 

Para o presente ano aboaranse en concepto de bolsas de axuda  para desprazamentos e estancias as seguintes cantidades:

                           

·   Na Comunidade Autonómica.............................................................. 150,00 €

·  Ata  500 km, a contar dende a sede federativa.................................. 270.00 €

·  A partir de 500 km.................................................................................. 300.00 €

 

Tamén percibirán bolsas de axuda nos campionatos de España os tiradores que obteñan as puntuacións que para modalidades  se  indicadan no BAREMO “C”,  se  o campionato se celebra na Comunidade Galega a axuda será de  100,00 €.

  Os tiradores que nos Campionatos de España acaden unha medalla a nivel  individual recibirán as  axudas seguintes :

 

·       Medalla de Ouro...................................................................................... 100,00 €              

§  Medalla de Prata...................................................................................... 75,00 €

·       Medalla de Bronce.................................................................................. 50,00 €

 

Os tiradores que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda.

       1.1.   FORMACIÓN DE EQUIPOS INCOMPLETOS

No caso de que  só  “un” ou ”dous”  tiradores  cumpran coas condicións do punto “1”, o equipo podería  completarse cos tiradores, inscritos que teñan as máximas puntuacións aínda que  non alcanzasen  a puntuación do   BAREMO “B”.

 

A estes tiradores, que completan o equipo,   abonaráselles o importe das inscricións e as cotas das modalidades das que formen  equipo. No caso de que o equipo consiga  algunha medalla  se lles daría, en función desta, a  axuda seguinte:

 

-   Medalla de Ouro...................................................................... 200,00 € (150,00 € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 € (100,00 €  na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 €  (  75,00 € na Comunidade Autonómica)

 

 Ademais das anteriores tamén se lles aplicará o BAREMO “C” alternativamente

 

As axudas  programadas nas distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía.

               

-   Se ningún tirador cumpre as condicións do BAREMO  “B”  a FEGATO non formará equipo

 

Os tiradores do punto 1, 1.1 e 1.1.2 que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda

.

1.1.2 AXUDA INDIVIDUAL

 

         Se non se formase equipo,   a FE.GA.TO, concederá a  axuda establecida para  aqueles tiradores que nos campionatos Galegos houberan alcanzado a puntuación esixida para a modalidade no Baremo “D.

 

-        Os tiradores que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así entenderase  que renuncia a axuda.

1.2.      FORMACIÓN DE EQUIPOS  A PETICIÓN PROPIA

  A FE.GA.TO , a petición dos tiradores inscritos, poderá  formar equipos  que a representen nos Campionatos de España sempre que:

Os tiradores interesados, e que cumpren as condicións xerais para formar equipo, soliciten,  por escrito, a súa vontade de formar equipo sabendo que non teñen dereito a  axuda.

A  FEGATO  só  aboaría os gastos de inscrición dos equipos.  En caso de conseguir algunha  medalla se lles daría, a cada un dos compoñentes, sempre que participasen tres ou mais equipos doutras autonomías, as axudas seguintes:

-   A  FEGATO  só  aboaría os gastos de inscrición dos equipos.  En caso de conseguir algunha  medalla se lles daría, a cada un dos compoñentes, sempre que participasen mais de tres equipos, as axudas seguintes

-  

-   Medalla de Ouro...................................................................... 200,00 € (150,00) € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 € (100,00) € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 €  ( 75,00) € na Comunidade Autonómica)

 

Ademais das anteriores tamén se lles aplicará o BAREMO “C” alternativamente

 

As  axudas programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía

 

Os compoñentes do equipo galego que resulten clasificados deberán esperar a entrega de trofeos e  recibir a honra que lles corresponda. Proporcionaráselles vestimenta con anagramas da FEGATO, que deberán usar, obrigatoriamente, na entrega de trofeos, medallas ou diplomas.

En todos os casos as inscricións deben ter entrada antes das 13 horas do día que finalice o prazo de inscrición na FE.GA.TO.( 72 horas antes do peche na RE.FE.deTO) Despois deste prazo os equipos que se inscriban non recibirán axuda da FE.GA.TO

 

 

En xeral

 

 

A xunta directiva da FEGATO, previa aprobación da comisión delegada, poderá aumentar  ou diminuír as axudas segundo as disposicións económicas.

 

Os tiradores que asistan a campionatos de España en representación da FEGATO comprométense, polo feito de ser inscritos, a rematar as competicións e esperar a  súa final.

 

Os compoñentes do equipo galego que resulten clasificados deberán esperar a entrega de trofeos e  recibir a honra que lles corresponda. Proporcionaráselles vestimenta con anagramas da FEGATO, que deberán usar, obrigatoriamente, na entrega de trofeos, medallas ou diplomas.

 

A negativa a formar equipo sen causa xustificada ou o incumprimento das normas anteriores suporá a non percepción da axuda correspondente así como o veto para formar equipos que representen a Federación Galega de Tiro Olímpico.

 

Para percibir as axudas programadas os tiradores teñen que cumprir co disposto no artigo 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia.

 

De non acudir o presidente ou vicepresidente da Sección de Precisión  nomearase a un Delegado Federativo que representará á FEGATO no campionato designado, coa obriga de exerce as funcións encomendadas. Unha vez finalizada a competición deberá, á maior brevedade posible, remitir informe do desenvolvemento do Campionato para constancia da Federación.  

 

As presente normas foron aprobadas pola asemblea da Federación Galega de Tiro Olímpico, en sesión ordinaria celebrada  o     de     de 2017