Normas Competicións

 

NORMAS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  CLASIFICATORIOS,FINAIS E NACIONAIS  DA  MODALIDADE DE  PRECISIÓN PARA O ANO 2017

 

 Segundo o artigo 19 da Lei 3/2012, de data 2 de abril, do deporte de Galicia só serán competicións oficiais as que figuran como tales  no calendario da Federación Galega de Tiro Olímpico.

 

As competicións oficiais da Federación Galega de Tiro Olímpico (FEGATO) publicaranse nun calendario oficial, e rexeranse:

 -Polas súas propias normas de organización e técnicas, tendo como supletorias o estipulado nos regulamentos da ISSF, MLAIC, IPSC e ICFRA, así como os xerais e específicos da Real Federación Española de Tiro Olímpico. A FEGATO, como organizadora das Competicións no ámbito Autonómico, poderá introducir as modificacións ou adaptacións que considere oportunas e necesarias para o mellor desenvolvemento das mesmas.

 

Calquera situación non prevista nestas normas será o Comité designado en cada competición o que decida e resolva sobre o particular e, en última instancia, o Comité de Apelación da Federación Galega de Tiro Olímpico.

 

·           Nas Modalidades da MLAIC e Cartuchería Metálica, só se celebrarán competicións nas modalidades de Mariette, Kuchenreuter, Vetterli e Donal Malson Piñal( agrupando pistola e revolver ) e Núñez de Castro ( fusil libre).

·  A Competición por Equipos de  Clubs se disputará nas modalidades de : “Peterlongo”, “ Forsyth”, “Pfzorheim”, Piñal, e Núñez de Castro , Freire y Brull, e Whitworth   

 

Nas competicións do Calendario Nacional que no estean organizadas directamente por la RFEDETO, será responsabilidade do Club organizador o cumplimento do establecido nos Reglamentos Técnicos  declinando a FEGATO cualquera responsabilidade o respecto.

 

Para participar nos campionatos  autonómicos e  nacionais haberán de observarse as seguintes normas.

 

 

 

TIRADORES

 

-        Para participar nas competicións programadas pola Federación Galega de Tiro Olímpico deberán ter a Licenza federativa en vigor.

 

-          Os tiradores deberán xestionar a sua licenza federativa a través do Club asociado ata o  30 Xuño. A cota de xestion da licencia de 3 euros só se aboará a aqueles Clubs que a xestionen antes do 30 de Xuño.

-          O prazo para retirar as licencias nas Delegacións remata o 30 de Setembro. Despois desta data as licenzas serán devoltas a FEGATO .

 

-        Os tiradores júniors que  desexen participar en modalidades nas que se empreguen armas de fogo que inclúan a súa clase de tirador teñen, como requisito indispensable, que ter cumpridos os 18 anos de idade e posuír a Licenza de armas en vigor.

 

  -   Os tiradores maiores de 16 anos e menores de 18 años que participen en  competicións nas que se utilicen armas de fogo, deberán cumprir integramente  co disposto no Artigo 109 e concordantes do Real Decreto 137/1993, de 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Armas", polo tanto os tiradores de 16 a  18 anos, que cumpran co disposto no Regulamento de Armas, poderán participar na clase de tirador "júnior", aínda que é unha categoría superior a súa, debido a que en  armas de fogo non hai categoría xuvenil".

 

 

 

Participación de deportistas extranxeiros.-

A participación de deportistas extranxeiros nas Competicións Oficiais  rexirase, ademáis do establecido no  Regulamento de Réximen Interior, por os seguintes apartados:

 

Deportistas Residentes en España:

A súa participación queda condicionada ós mesmos requisitos exigidos ós tiradores galegos: marcas mínimas, Licenza Federativa do ano do curso, etc.

 

Nas clasificacións individuais non poderán proclamarse campións, subcampións ou terceiro, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtidoo.

 

Nas modalidades olímpicas, no poderán participar en Finais Olímpica.

 

Deportistas Non  Residentes en España:

A) Comunitarios: Poderán participar en competicións oficiais, tanto a título individual como formando parte de equipos de clubs en aqueles casos que a lexislación particular o permita, sempre que demostren a súa afiliación a Entidad Deportiva que desexen representar e estean en posesión da Licenza federativa.

 

Nas  clasificacións individuais non poderán proclamarse campión, subcampión o terceiro, nin participar en final olímpica, si bien aparecerán na acta de resultados no posto que houberan obtido.

 

Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario obter autorización das autoridades españolas para a entrada e salida das armas.

 

B) No Comunitarios: Non poderán participar en competicións oficiais de ámbito estatal.  Exclusivamente e dentro de acordos puntuais,  poderase permitir a participación de extranxeiros  non comunitarios e non residentes fora de concurso e previa invitación da FEGATO,  tendose en conta  en cada momento o principio de reciprocidade internacional. En ningún caso poderan participar na final olímpica. Deberán estar en posesión da Tarxeta Europea de Armas o en caso contrario, obter permiso das autoridades españolas para a entrada e salida das suas armas.

                                        

Clases de tirador:

 

 Para  a Modalidade de PRECISIÓN

 

                                                                                                    

-        Benxamins, masculinos e femininos, tiradores entre os  9 e 10 anos

-        Alevins, masculinos e femininos, tiradores  entre os 11 e 12 anos 

-        Infantís, masculinos e femininos, tiradores entre os  13 e 14 anos

-        Cadetes, masculinos e femininos, tiradores  entre os  15 e 16 anos

-        Xuveniles, masculinos e femininos, tiradores entre os  17 e 18 anos

-        Júniors,  masculinos e femininos, tiradores  entre os 19 e os 20 anos

-        Séniors, homes, tiradores a partires entre os  21 anos e os 54 anos

-        Donas,  mulleres, tiradoras a partires dos 21anos

-        “Veteranos”,  masculinos e femininos  entre os  55 e   63 anos

-        “Veteranos-Senior”, entre os    64 e   71 

-        “Veteranos “Master”a partires dos 72 anos  )

( En competicións as Categorías Veterano Senior e Master formarán unha única categoría; Veteranos S,M)

 

 

Para a  Modalidade de IPSC  

 

-        “Juniors” Competidores entre os 18 e os 20 anos

-        “Donas” Competidoras do xénero feminino

-        “Xeral” Competidores dende 21 aos 49 anos.

-        “Sénior” Competidores dende os 50 aos 59 anos.

-        “Súper Sénior” a partires dos 60 anos.

 

 

-          ( *As idades  consideraranse  ao 1 de Xaneiro do ano en curso)

 

 

 

 

 

Cambios de clase de tirador

 

- Os tiradores que desexen participar en clases de idade superior a que posúen, excepto na de veteranos, deben comunicalo á FEGATO antes de participaren en calquera competición que esta organice e  renunciar á que posúe non podendo participar, durante o ano,  noutra distinta  á que elixiu.

 

Todos os tiradores cambiarán de Clase  no mesmo ano no que cumpran a idade mínima fixada. Os tiradores que pasen  a Clase Veteranos, teñen a posibilidade de renunciar a dita Clase  mediante solicitude por escrito á FE.GA.TO.

A renuncia en favor da permanencia na Clase Senior haberá de realizarse antes do día 30 de Novembro do ano en curso.

 O incumpremento deste requisito en tempo e forma invalidará a pretensión do tirador, non pudendo ser inscrito na categoría senior.

Unha vez efectuada a renuncia á Clase de veterano manteráse a de senior ata nova solicitude de cambio de categoría.

 

-   Os tiradores que desexen participar en clases de idade superior a que posúen, excepto na de veteranos, deben comunicalo á FEGATO antes de participaren en calquera competición que esta organice e  renunciar á que posúe non podendo participar, durante o ano,  noutra distinta  á que elixiu.

 

 

 

 

                                                                     PROBAS DE OBTENCIÓN LICENZA  DE  ARMAS DE CONCURSO TIPO “F”

 

 

 

Os tiradores federados interesados en presentarse a  proba para a obtención da “Licenza de Armas de Concurso Tipo “F” “ deberán cumprir os seguintes requisitos:

 

-   Ter cumpridos os 18 anos

-   Estar en posesión da Licenza  Federativa do ano en curso.

-   Levar federado un  mínimo de 2 meses  Inscribirse coa antelación suficiente, 10 días antes da data fixada para o exame,  na súa Delegación Provincial, establecéndose como hora de peche as 20,00 horas.

-   Presentar no momento da inscrición o xustificante de abono , 40,00 € e o certificado de aptitude expedido por un club que dispoña das instalacións regulamentadas para realizar os adestramentos, no caso de non dispor destas, as certificacións de aptitude tamén deberán ser asinadas  polo presidente do Club onde se realizaron as prácticas de tiro.

 

Os tiradores que xa tiveron licenza tipo “F”, cando  retornan a actividade deportiva  e unha vez dispoñan de licenza federativa, poderán  examinarse sen facer o curso de iniciación nin ter que esperar os dous meses. Deberán presentar o último permiso de armas , non podendo realizar o exame de non o ter caducado. Neste caso o interesado deberá solicitar, perante a súa intervención de armas,  a renuncia do permiso e unha vez obtida xa poderá  realizar o exame 

 

Os aspirantes a obtención dá licenza de armas tipo “F” que  presentandose o exame  por primeira vez  non consigan a puntuación mínima esixida daráselles unha segunda oportunidade sen ter que aboar  as taxas do exame. Tampouco  aboarán de novo as  taxas aqueles aspirantes que inscritos na proba non puideran asistir e houberan xustificado.

 

 

 

COMPETICIÓNS INTERPROVINCIAIS PARA O ASCENSO DE CATEGORÍA

 

 

Poderán participar  todos os tiradores, en posesión da Licenza federativa do ano en curso, que teñan Licenza de armas  Tipo “F” de 3ª Clase e que desexen ascender a 2ª Clase.

 

 

Inscricións:

 

·  Tiradores: Deberán formalizar as súas inscricións  a través do Club de pertenza.

·  Clubs: Remitiran as inscricións as Delegacións Provinciais organizadoras dos campionatos, de acordo coas normas da FEGATO tendo en conta que:

 

·  O prazo de inscrición remata 6 días antes da celebración do campionato establecéndose como hora de peche as 18,00 horas. Xunto coa solicitude de inscrición debe achegarse o xustificante de ingreso.

-    A cota de inscrición é de 6,00 €  e será ingresada na conta da Delegación antes de que remate o prazo de inscrición.

-   Os tiradores de outras Provincias deberan inscribirse  nas delegacións de orixen.

 

 

 

 

 

MODALIDADES DA “I.S.F.F.”  E  “M.L.A.I.C.”

 

 

                                              

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS CLASIFICATORIOS

 

 

 

Poderán participar todos os tiradores con Licenza federativa do ano en curso expedida a través da provincia que organiza o campionato.

 

Os tiradores con Licenza federativa expedida a través doutra provincia poderán participar fóra de concurso e só a efectos de puntuación para á participación nos campionatos autonómicos finais,  ascenso de clase  ou renovación da Licenza de armas. A inscrición farana a través dá súa delegación

 

INSCRICIÓNS:

 

-   Tiradores: Deberán formalizar as súas inscricións  a través do Club de pertenza.

-   Clubs: Remitiran as inscricións as Delegacións  Provinciais organizadoras dos campionatos, de acordo coas normas da FEGATO tendo en conta que:

 

-   O prazo  de inscrición remata 6 días antes da celebración do campionato, establecendose como hora de peche as 18.00 horas.

-   A cota de inscrición é de 6 ,00 €  por modalidade , e será ingresada na conta da Delegación antes de que remate o prazo de inscrición.

-   Se algún tirador non poidese participar  nun Campionato Provincial  por estar competindo  nunha proba, de rango superior,  da Federación  Española o Galega se lle dará por clasificado para a Fase Final.

-   Os tiradores inscritos, de non  poder participar, teñen a obriga de comunicalo á organización coa maior brevidade posible.

-   Os tiradores de outras Provincias deberan inscribirse  nas delegacións de orixen.

 

Tandas e Postos

 

Os  postos, tandas, etc., así como as horas de competición exporanse na web da Federación Galega, Delegacións Provinciais e no club sede do campionato.

 

 

 

TROFEOS*:

 

1  Participante na Modalidade ou na Clase 

-              Diploma

2 Participantes na Modalidade ou na Clase 

-             1º  Diploma

-             2º  Diploma

3 Participantes na Modalidade ou na Clase 

-             1º  Medalla e diploma

-             2º  Diploma

-             3º  Diploma

4 a 5 participantes na modalidad ou na Clase 

-             1º Medalla e Diploma

-             2º Medalla e Diploma

-             3º , 4º e 5º Diploma

6 ou mais participantes na Modalidade ou na Clase 

-             1º ,2º e 3º Medalla e diploma

-                             4º,5º e 6º diploma

* a medalla poderá ser sustituida por trofeo

 

Nos campionatos autonómicos clasificatorios non se celebrarán finais olímpicas.

 

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  FASES FINAIS

 

Poderán participar: Todos os tiradores que interveñan  nos campionatos autonómicos clasificatorios e que acaden as puntuacións  mínimas que,   para cada modalidade e clase,  se sinalan no anexo como BAREMO “A”·.

 

Os tiradores que no campionato autonómico final do ano anterior acadasen, nesa modalidade e clase, a puntuación que se sinala no anexo como BAREMO “A”. 

 

Xovenes Promesas: Poderán  participar  todos os tiradores que o houberan feito na Fase Clasificatoria, da  Modalidade, do ano en curso e tamen aqueles que o fixeran  na correspondente Fase Final do ano anterior sen ter en conta a clase.

 

Nas modalidades olímpicas celebraranse finais sempre que no campionato participen polo menos 8 tiradores,  agas na modalidade de Pistola Velocidade que se realizará con 6 tiradores. ( ver notas aclaratorias)

 

INSCRICIÓNS:

 

A cota de inscrición será gratuíta en todas as modalidades agás a de Percorridos de Tiro e FClass que a fixará o club organizador .

 

Os Tiradores: Deberán formalizar as súas inscricións  a través do Club de pertenza.

 

Os Clubs: Remitiran as inscricións ás delegacións  provinciais de acordo coas normas da FEGATO tendo en conta que:

     

-   O prazo de inscrición remata 10 días antes da celebración do campionato establecéndose como hora de peche as 18,00 horas.

 

-   Os tiradores inscritos, de non  poder participar, teñen a obriga de comunicalo á organización coa maior brevidade posible.

 

Sorteos:

 

Nas datas seguintes ó peche da inscrición celebrarase o sorteo correspondente ós postos,  tandas,  etc., así como as horas de competición e finais se as houbese por razóns da modalidade. A relación resultante exporase na páxina web da Federación Galega, nos taboleiros da propia Federación Galega, delegacións provinciais e no club sede do campionato.

 

Será responsabilidade do tirador comprobar que tanto a súa inscrición coma os seus datos foron incluídos correctamente nas listas expostas. Calquera erro detectado deberá comunicárselle, antes do Xoves anterior á data da celebración,  ó comité organizador  para a súa corrección, de non facelo así o día da competición o Comité Organizador poderá negarlle a participación aínda que o erro non sexa responsabilidade do tirador.

 

Horarios:

 

Como norma xeral, salvo indicación en contra, as competicións comezarán ás  9.30 horas debendo o tirador presentarse con tempo suficiente, segundo a quenda, para realizar as operacións de control de armas e equipos.

 

Se ó comezo dunha entrada queda un posto libre non se cubrirá, de presentarse o  tirador que o teña asignado aplicáraselle o estipulado nos regulamentos en vigor.

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS FASES FINAIS  DE CLUBS:

 

-   Os clubs, para poder participar nos campionatos galegos fases finais de clubs, deberán estar inscritos na Federación Galega de Tiro Olímpico  e ter aboado  o canon federativo do ano en curso.

 

-   Os tiradores que participen  só poderán representar o club que figure na súa Licenza federativa.

 

-   Os equipos constarán de tres tiradores , podendo presentar cada club os equipos que desexe. Poderán ser de calquera clase de tirador  que compitan o mesmo día e baixo condicións semellantes, tendo que ser obrigatoriamente da mesma modalidade.

-   Nas modalidades de Avancarga e Cartuchería Metálica os equipos estarán formados por tres tiradores. Só se presentarán equipos nas modalidades de “Peterlongo”, “ Forsyth”e  “Pfzorheim”, Piñal e Núñez de Castro.   

 

-   Celebraranse ó mesmo tempo cos campionatos autonómicos finais, agás a Copa Galicia, polo que os tiradores participantes deben cumprir as esixencias destes. Ó rematar cada campionato darase unha clasificación individual e outra dos equipos por clubs e modalidade.

 

               

Premios:

 

      Diploma ós 1º, 2º e 3º equipos clasificados.

 

 

CAMPIONATOS AUTONÓMICOS  FASES PRELIMINARES CAMPIONATOS DE ESPAÑA

 

                                     

 

Para o ano 2017 terán recoñecemento de Fases Preliminares dos Campionatos de España e  serán consideradas  por la REFEdeTO, validas os efectos de renovación de 1ª ou ascenso a 1ª categoría da Licenza de Armas Tipo “F”   as Fases Finais das Modalidades seguintes:

 

-       Pistola Libre                               Pistola Velocidade                                 Pistola Deportiva Donas e 30+30

-       Pistola Estándar                        -Pistola Fogo Central                            -Pistola 9 mm

-       Carabina Tendido                     Carabina 3x20 e 3x40

-       Percorrido de Tiro

-       Cartucherìa Metálica

-       F-Class 100,300 mts. e 600 e 900 ydas.

      

 

En Xeral:

 

-       Para participar nos campionatos organizados pola FEGATO, as inscricións faranse  nas delegacións provinciais. Non se admitirá ningunha inscrición que non se realice a través das delegacións provinciais. Nas Modalidades de  FClass e Percorridos de Tiro as inscricións faranse no Club Organizador quen as remitira a Fegato nos plazos establecidos.

 

-       No momento da inscrición deberanse facilitar os seguintes datos:  Número de licenza, nome e apelidos,  categoría deportiva,  Club ou Delegación de  pertenza e o ano de nacemento no caso dos veteranos.

 

-        No caso de inscricións para os campionatos nacionais tamen se facilitará o número do D.N.I.

 

-       As cotas de inscricións serán ingresadas na conta da Delegación respectiva antes de que remate o prazo de inscrición.

 

-       Nas Competicións nacionais as inscrición realizaránse,  nos impresos oficiais,  directamente na Sede da FE.GA.TO., as cotas de inscrición se ingresarán na conta aperturada en “ABANCA” co número ES83-2080-5500-4130-4011-3430 antes de que remate o prazo de inscrición. En tanto non se realice o ingreso a solicitude no será tramitada

 

-       Para a emisión de certificados de resultados,  só se certificarán, a petición dos tiradores, aquelas medallas conseguidas nas competicións de nivel español  das que se teñan  Actas.

 

 

RECLAMACIÓNS E  APELACIÓNS.

 

Calquera tirador ou Delegado Federativo ten dereito  a reclamar ou apelar os feitos ou decisións que se produzan nunha competición e afecten os seus intereses deportivos. De suceder isto, deberá facelo en tempo e forma de acordo cos procedementos que sinala o Regulamento da I.S.S.F. nos artigos correspondentes, e a súa reclamación será resolta polos Xurados de Competición/Clasificación /Apelación.

O depósito que debe acompañar será de 50,00 €  que será devolto se a reclamación é aceptada.

No caso de desacordo coa decisión do Xurado de Competición ou Clasificación, e se recorre ao Xurado de Apelación o depósito será de 60,00 € que, xunto co inicial de 50,00 €, serán devoltos se se confirma xustificada a Apelación

 

 

 

 

 

 

AXUDAS EN CAMPIONATOS AUTONÓMICOS FASES FINAIS

 

Premios en metálico:

                                                                    

Durante o presente ano aboaranse en premios en metálico para desprazamentos e estancias as que se sinalan

no BAREMO “ D “.

 

Os tiradores de  clase júnior  cobrarán as mesmas axudas que os sénior. A puntuación que deben obter é a que

se sinala no BAREMO “D”

 

 

Para poder cobrar os premios en metálico ou bolsas de axuda, os tiradores teñen que cumprir coa condición política de galego que ben establecida no Artigo 3.1 da lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía de Galicia no que se di expresamente que gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estatuto, teñan a vecindade administrativa en calquera dos municipios de Galicia.

 

TROFEOS*:

 

-        1  Participante na Modalidade ou na Clase

-             Diploma

 

-        2  Participantes na Modalidade ou na Clase

-             1º  2º  Diploma

 

-   3 Participantes na Modalidade ou na Clase

-             1º  Medalla e diploma

-             2º e 3º Diploma

-              

-             4 a 5 participantes na modalidad ou na Clase

-             1º e 2º Medalla e Diploma

-             3º, 4º e 5º Diploma

-              

-   6 ou mais participantes na Modalidade ou na Clase

-             1º ,2º e 3º Medalla e diploma

-             4º,5º e 6º diploma

-              

Ó final de cada campionato autonómico final  entregaranse as  medallas* e diplomas asignados.

(* a medalla poderá ser sustituida por trofeo)

 

XXVIII EDICIÓN DA COPA GALICIA

 

A Copa Galicia disputarase  de maneira rotativa nas Modalidades de:

 

·         Pistola Aire 60

·         Pistola Aire 40

·         Carabina Aire  60

·         Carabina Aire 40

 

 No ano 2017 a Copa Galicia se disputará na modalidade de Pistola Aire  40*.

 

Poderán  participar os 15 tiradores máis destacados de todas as  clases de tirador agás xuvenís e inferiores.  A clasificación  farase entre aqueles que acaden  as mellores puntuacións no Campionato Autonómico Final da Modalidade a disputar  

 

A puntuación de clasificación será a puntuación individual  sen final

 

De existires empate para a clasificación  procederase o desempate pólo maior número de 10,9,8,  etc..de seguir existindo empate se clasificara por sorteo. 

     

- *Para a súa celebración será necesario unha participación mínima, na Fase Final,  de dez (10) tiradores, de non cumprirse este requisito disputarase na modalidade seguinte.

- Os tiradores que se clasifiquen  teñen, obrigatoriamente, que solicitar a súa inscrición a través das delegacións de orixe .

- As normas e prazos de inscrición serán os mesmos que se aplican para os Campionatos Autonómicos Finais.

 

      Trofeos:

     

1º, 2º e 3º     Copa ou medalla e diploma

4º, 5º y 6º     Diploma

do 7º              en diante Diploma de participación

 

GAÑADORES DAS  ÚLTIMAS EDICIÓNS

 

ANO

MODALIDADE

GAÑADOR

PUNTOS

CON FINAL

1999

Pistola Aire 40

Manuela Garabal Piñeiro

374

-------

1999

Pistola Aire 60

Manuel Martínez Varela

571

668,5

2000

Pistola Libre

Carlos Iglesias Pérez

540

624,5

2001

Pistola Aire 40

Manuela Garabal Piñeiro

371

------

2001

Pistola Aire 60

Manuel  Martínez Varela

570

667,6

2002

Pistola Aire 60

Manuel Martínez Varela

566

664.8

2003

Pistola Aire 60

Manuel Martínez Varela

572

664,7

2004

Pistola Aire 60

Jose Luis Fernandez Flores

574

669,7

2005

Pistola Aire 60

Julio Rivas Iglesias

580

681,3

2006

Pistola Aire 60

Manuel Martinez Varela

572

669,1

2007

Pistola Aire 40

Evelyn Manchon Maume

373

470,4

2007

Pistola Aire 60

Julio Rivas Iglesias

581

683,2

2008

Pistola Aire 40

Manuela Garabal Piñeiro

371

371,00

2008

Pistola Aire 60

Manuel  Martinez Varela

577

677,80

2009

Pistola Aire 40

Manuela Garabal Piñeiro

360

458,7

2009

Pistola Aire 60

Manuel  Martinez Varela

572

670,60

2010

Pistola Aire 40

Nuria Garcia Gonzalez

366

454,90

2010

Pistola Aire 60

José Luis Fernández Flores

569

664

2011

Pistola Aire 40

Andrea Barrio Arias

363

457,40

2011

Pistola Aire 60

Miguel Sanchez Gomez

562

660,90

2012

Pistola Aire 40

Andrea Barrio Arias

379

475,20

2012

Pistola Aire 60

Marco Veiga Fernandez

564

660,40

2013

Pistola Aire 40

Andrea Barrio Arias

372

189,90

2013

Pistola Aire 60

Dario Piroscia Penado

548

194,80

2014

Pistola Aire 60

Julio Rivas Iglesias

560

195,00

2015

Pistola Aire 40

Andrea Barrio Arias

358

182,3

2016

Pistola Aire 60

Gervasio Murado

554

194,0

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPIONATOS NACIONAIS

 

Inscricións

 

-   Os tiradores e Clubs deberán formalizar as inscrición  nos impresos oficiais da RE.FE.deTO., e os  enviarán  a FE.GA.TO  72 horas antes de que finalice o prazo sinalado pola REFEdeTO ás Federacións Autonómicas. As inscricións deben acompañarse do xustificante de ingreso.

-    Rematado o prazo ná FEGATO, (72  horas antes),   seguiránse admitindo inscricións ata que remate o prazo dá Nacional pero estes tiradores xa non formarán  parte dos equipos Galegos que se formen

 

-     Os importes das inscricións deberán ser ingresados  na conta da Federación Galega, aperturada en “ ABANCA” co número ES83 2080-5500-4130- 4011-3430,  antes de que remate o prazo de inscrición.

 

 

AXUDAS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

( Modalidades de Precisión e Armas Históricas)

 

 

1.       FORMACIÓN  DE EQUIPOS

 

A  FEGATO, sempre que o estime conveniente, en base ó nivel dos posibles asistentes e si as condicións económicas o permitan, enviará un (1) equipo galego que represente a Galicia nos campionatos de España.

 

-          Para poder formar parte do equipo Galego os tiradores deberán ter a mesma categoría deportiva na FE.GA.TO. que na Real Federación Galega de Tiro, de non ser así non serán seleccionados para a formación de equipos galegos nos campionatos  nacionais.

 

-        Os equipos da FEGATO estarán compostos por tres tiradores e formaranse da seguinte maneira:

 

-        Os equipos se formarán cos dous primeiros clasificados  coas puntuacións mais altas  nas fases finais dos Campionatos Autonómicos sempre que acadasen as puntuacións mínimas esixidas no BAREMO “B”,  o terceiro designarase a criterio da FEGATO.

 

-        A puntuación de clasificación será a puntuación individual  sen final

 

-        De existires empate para a clasificación procederase o desempate polos criterios da última serie

 

-        Si por coincidencia de datas con algunha das Fases da  Copa de SS.MM. o Rei e a  Raiña, ou con algunha competición internacional , algún tirador  non poidese participar  nas  Fases finais,  para non  perxudicar os intereses deportivos dos que nos representan a nivel nacional ou internacional, validaranse a  todos os efectos os resultados que poidesen  obter  en ditas probas ou en outras que teña acreditadas se son de distinta a modalidade

 

-        Un tirador representará a Galicia cando así o propoña a FEGATO mediante a súa inscrición oficial.

 

-        Os componentes deste equipo  abonaráselle o importe das inscricións e as cotas das modalidades das que formen  equipo.

 

Axudas

 

As  axudas programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía

 

Para o presente ano aboaranse en concepto de  axudas  para desprazamentos e estancias as seguintes cantidades:

 

·         Na Comunidade Autonómica............................................... 150,00 €

·           Ata  500 km, a contar dende a sede federativa.................. 270.00 €

·           A partir de 500 km ................................................................. 300.00 €

 

Os tiradores dos Equipos Galegos que nun mesmo campionato representen a Galicia en varias modalidades percibirán polo terceiro e sucesivos días de competición unha axuda, de 40,00 €

 

Tamén percibirán  axuda nos campionatos de España os tiradores que obteñan as puntuacións que, para cada modalidade, se indican no BAREMO “C”,.  Se o Campionato  celébrase  na Comunidade Galega a axuda será de  150,00 €.

                                                                                           

Ademais das axudas establecidas para cada campionato os tiradores que acaden unha medalla individual, nos Campionatos de España, recibirán as axudas seguintes :

 

-   Medalla de Ouro............................................................... 100,00 €

-   Medalla de Prata................................................................... 75,00 €

-   Medalla de Bronce............................................................... 50,00 €

               

Os tiradores que  representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda.

 

A  xunta directiva da FEGATO, previa aprobación da Comisión delegada, poderá aumentar  ou diminuír as axudas segundo as disposicións económicas.

 

 

1.1     FORMACIÓN DE EQUIPOS INCOMPLETOS

 

 

No caso de que  só  “un” ou ”dous”  tiradores  cumpran coas condicións do punto “1”, a FEGATO. podería  completar o equipo  cos tiradores  inscritos que teñan as máximas puntuacións aínda que  non alcanzasen  os puntos que se piden no  BAREMO “B”.

 

A estes tiradores, que completan o equipo,   abonaráselles o importe das inscricións e as cotas das modalidades das que formen  equipo. No caso de que o equipo consiga  algunha medalla  se lles daría, en función desta, a  axuda seguinte:

 

-   Medalla de Ouro...................................................................... 200,00 € (150,00 € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 € (100,00 €  na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 €  ( 75,00 € na Comunidade Autonómica)

 

Os tiradores dos Equipos Galegos que nun mesmo campionato representen a Galicia en varias modalidades percibirán polo terceiro e sucesivos días de competición unha axuda, de 40,00 €

 

 Ademais das anteriores tamén se lles aplicará o BAREMO “C” alternativamente

 

As  axudas programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía

               

1.1.2 AXUDA INDIVIDUAL

 

         Se non se formase equipo,   a FE.GA.TO, concederá a  axuda establecida para  aqueles tiradores que nos campionatos Galegos houberan alcanzado a puntuación esixida para a modalidade no Baremo “D.

 

 

Os tiradores do punto 1, 1.1 e 1.1.2 que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá  que renuncia á axuda

 

1.2.          FORMACIÓN DE EQUIPOS  A PETICIÓN PROPIA

 

A FE.GA.TO , a petición dos tiradores inscritos, poderá  formar equipos  que a representen nos Campionatos de España sempre que :

Os tiradores interesados, e que cumpren as condicións xerais para formar equipo, deben solicitar por  escrito a súa vontade de formar equipo sabendo que non teñen dereito á axuda.

A  FEGATO  só  aboaría os gastos de inscrición dos equipos.  En caso de conseguir algunha  medalla se lles daría, a cada un dos compoñentes, sempre que participasen mais de tres equipos, as axudas seguintes:

-   Medalla de Ouro...................................................................... 200,00 €  (150,00 € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 €  (100,00 €  na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 €  (  75,00 € na Comunidade Autonómica)

-    

Ademais das anteriores tamén se lles aplicará o BAREMO “C” alternativamente.

 

 As  axudas programadas para as distintas probas dun campionato non serán acumulables, obtendo o tirador a de maior contía

 

Os compoñentes do equipo galego que resulten clasificados deberán esperar a entrega de trofeos e  recibir a honra que lles corresponda. Proporcionaráselles vestimenta con anagramas da FEGATO, que deberán usar, obrigatoriamente, na entrega de trofeos, medallas ou diplomas.

En todos os casos as inscricións deben ter entrada antes das 13 horas do día que finalice o prazo de inscrición na FE.GA.TO.( 72 horas antes do peche na RE.FE.deTO) Despois deste prazo os equipos que se inscriban non recibirán axuda da FE.GA.TO

OUTRAS AXUDAS

 

Os tiradores de  clase júnior  cobrarán as mesmas axudas que os sénior.  A puntuación que deben obter é a que se sinala no BAREMO “C”

 

Ós tiradores júniors se os ingresos o permiten, recibirán axudas para concentracións, cursos de formación, perfeccionamento, material deportivo, vestimenta etc.

 

As inscricións dos tiradores galegos na Copa S.A.R. Princesa de Asturias serán por conta da Federación Galega, e como axuda so se abonarán as cantidades correspondentes as medallas que obteñan

 

OUTRAS COMPETICIÓNS;  AXUDAS

 

·       Copa Presidente de Armas Deportivas:

·       Copa Master 100

A  FEGATO, se as condicións económicas o  permiten,  e a petición dos tiradores inscritos, poderá formar equipos que a representen en outras competicións do ámbito nacional. A FEGATO aboaría os gastos de inscrición dos equipos.  No caso de que o equipo consiga  algunha  medalla se lles concedería  a cada un dos compoñentes, sempre que participasen tres ou mais equipos doutras autonomías, as axudas seguintes:

-   Medalla de Ouro...................................................................... 200,00 € (150,00 € na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Prata...................................................................... 150,00 € (100,00 €  na Comunidade Autonómica)

-   Medalla de Bronce.................................................................. 100,00 € (  75,00 € na Comunidade Autonómica)

 

Armas Históricas

 

Nas fases de clasificación para o Campionato de Europa de Armas Históricas(CEAH), percibirán axuda os tiradores que o final destas cumpran as seguintes condicións:

 

-   300.00.- € - os que asistan ás cuatro fases e queden entre os oito primeiros postos

-   240.00.- € - os que asistan a tres fases e queden entre os oito primeiros postos

 

Xovenes Promesas

 

      Na reunión mantida o  23/04/2016,  entre a FE.GA.TO. e os Clubs que contan con tiradores jovenes promesas, acordouse, entre outras, confeccionar unha táboa de puntuacións que permitise, tanto a Clubs como tiradores, coñecer de antemán as puntuacións que teñen que acadar os tiradores jóvenes promesas para poder optar a unha bolsa por participar no  Campionato de España. Do estudo efectuado, e atendendo ó nivel de tiro dos jóvenes promesas a nivel Nacional, creouse o cadro de puntuacións, chamado Taboa  “E”.  Atendendo ao cadro, os tiradores galegos que consigan nos Campionatos Fases Finais de Xovenes Promesas as puntuacións que se reflictan na Columna “A”  terán dereito ó 60% da bolsa que se estableza para tal fin, cun máximo de 150,00 €. Estes tiradores formarán o Equipo que represente a FE.GA.TO no Campionato de España. Se  o número de tiradores do Grupo “A” non fora suficiente para formar equipo recorreríase para completalo ós tiradores inscritos con puntuacións incluidas no Grupo “B”,  estes tiradores elixidos só terían dereito o 50% de bolsa.

 

    Tamén se poderán formar equipos á solicitude dos tiradores que non dean as puntuacións, ainda sabendo que non teñen dereito a ningun tipo de axuda, en tal caso deberán solicitalo por escrito a FEGATO.

 

   Ademais de estas axudas os tiradores jóvenes promesas tamén  terán dereito a cobrar as axudas polas medallas individuais que consigan.

                     

AYUDAS PARA OUTROS CAMPIONATOS

 

 

Copa S.A.R. Principe de Asturias: Aos tiradores Jovenes Promesas que participen no Trofeo Principe de Asturias  abonaránselle as cotas de inscrición e as medallas que consigan con arreglo a seguinte:

 

-   Medalla de Ouro............................................................... 100,00 €

-   Medalla de Prata................................................................... 75,00 €

-   Medalla de Bronce............................................................... 50,00 €

 

.

Ós tiradores xovenes promesas,  se os ingresos o permiten, recibirán axudas para concentracións, cursos de formación, perfeccionamento, material deportivo, vestimenta etc.

 

.Outros

 

Para poder cobrar as axudas, os tiradores teñen que cumprir coa condición política de galego que ben establecida no Artigo 3.1 da lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía de Galicia no que se di expresamente que gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estatuto, teñan a vecindade administrativa en calquera dos municipios de Galicia

 

-        Os tiradores que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico, deberán utilizar a uniformidade tanto a nivel individual como por equipos, finalizar a competición e no caso que resulte clasificado esperar á entrega de trofeos e  recibir a honra que lle corresponda,  de non facelo así se entenderá que renuncia á axuda.

 

A negativa a formar equipo sen causa xustificada  ou o incumprimento das normas anteriores  suporá a non percepción da axuda correspondente así como o veto para formar equipos que representen á Federación Galega de Tiro Olímpico.

 

Para percibir as axudas programadas os tiradores teñen que cumprir co disposto no artigo 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia.

 

De non acudir o presidente ou vicepresidente da Sección de Precisión  nomearase a un Delegado Federativo que representará á FEGATO no campionato designado, coa obriga de exerce as funcións encomendadas. Unha vez finalizada a competición deberá, á maior brevidade posible, remitir informe do desenvolvemento do Campionato para constancia da Federación. De non ir formando parte do equipo, aboaránselle os gastos de desprazamento, máis unha axuda de custo reducida  por cada día de competición, mais outra polo día anterior ó inicio da Competición.

 

Se o Delegado Federativo é compoñente dos equipos da Federación Galega de Tiro Olímpico, aboaranselle unha axuda de custo reducida por cada día de competición mais outro polo día anterior ó inicio da Competición.

 

As inscricións para participar por equipos de clubs en competicións nacionais, inscribiranse a través da Federación Galega, e esta comprobará que os compoñentes dos equipos cumpran coas normas establecidas pola Real Federación Española de Tiro Olímpico.

 

      GASTOS POR ARBITRAXE

 

No presente ano aboaranse por gastos de arbitraxes  as seguintes cantidades:

 

Axuda de 45,00 € ( media xornada ata as 15 horas). Deducción 2% de IRPF.

 

Axuda de 90,00 € ( xornada completa). Deducción 2% de IRPF.

 

Para non especificar todas as situacións que puidesen darse aplícase o Decreto 21/1994, de 4 de febreiro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sobre indemnizacións por razón de servizo ó persoal con destino na Administración Autonómica de Galicia.

 

Para poder arbitrar nas competicións oficiais será necesario posuír a Licenza federativa de xuiz-árbitro en vigor e que a esta teña liquidado o seguro deportivo.

 

Para aboar os gastos por actuacións doutros técnicos aplicarase o disposto no devandito decreto.

 

As presente normas foron aprobadas pola asemblea da Federación Galega de Tiro Olímpico, en sesión ordinaria celebrada o día ______________