Récords Galegos

Terán o recoñecemento de RÉCORD GALEGO aquelas puntuacións superiores ás que figuran no día da data na actual “TÁBOA DE RÉCORDS” de Galicia e se consigan nas fases finais dos  campionatos autonómicos, xogos do Cantábrico, nacionais e internacionais, nas modalidades de armas deportivas, armas olímpicas e armas históricas.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Ante calquera posible récord nas competicións organizadas pola FEGATO o delegado federativo, ou en ausencia deste o presidente dos xuíces-árbitros, procederá a repasar as puntuacións. De se alcanzar puntuación de récord  farase constar dita puntuación na folla de incidencias, que  será certificada polo representante da FEGATO e polo presidente dos xuíces-árbitros,  os brancos e as follas de puntuacións coa puntuación de récord serán enviadas á FEGATO. En competicións internacionais, nacionais e interautonómicas aceptarase a acta oficial destas.

Unha vez confirmado o novo récord a FEGATO procederá a recoñecelo oficialmente e expediralle ó tirador un diploma acreditativo.

 Para a elaboración da táboa de récords  naquelas  modalidades que sufriron  modificacións  tomáronse como anos de partida os que seguidamente se sinalan:

  • Ano 1992: En Pistola Velocidade fíxose o cambio ós brancos actuais
  • Ano 1993: En  Pistola Libre, Pistola e Carabina Neumática, Carabina Match, Carabina 3 x 20 e Carabina 3 x 40.- Reduciuse o tempo de competición.
  • Ano 1994: En Pistola 9 mm, aparece o Regulamento de dita Modalidade
  • Ano 2002: En Pistola Neumática Velocidade e Pistola Neumática Estándar fíxose cambio de  brancos.
  • Ano 2003: En Armas Históricas os equipos pasan de 4 a 3 membros.
  • Ano 2005: En Pistola Velocidade cámbianse o calibre e as características da arma
  • Ano 2007: En Pistola 9 mm .Aplicase a reducción do tempo das Series na Fase de Precisión(RE.FE.deTO. ano 2006)
  • Ano 2009: En Pistola Fogo Central  o peso do disparador  reducese a 1.000 g. min.
  • Ano 2013: Nas Modalidades Olímpicas  polo cambio no tempo de competición e desarrollo das Finais Olímpicas
  • Ano 2014 : Xovenes Promesas polo cambio do tempo de competición en Pistola 60,40 e 20 e Carabina Aire
  • Ano 2016 Aplicación novo Regulamento de Cartuchería Metálica

 

 

RECORDS GALEGOS: