Notas Aclaratorias

 

NOTAS ACLARATORIAS

 

 

-        Aos premios en metálico, bolsas de axuda, medallas, etc., superiores a 300,00 €.  aplicaraselles a deducción do 15% de Imposto sobre a  Renda das Persoas Físicas.

 

-        As cantidades que se abonen aos técnicos da Federación Galega de Tiro Olímpico, Adestradores e Xuíces-árbitros, aplicaraselles a dedución do 2% de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

 

-        As actividades oficiais programadas e os correspondentes orzamentos executaranse sempre que os ingresos destinados á actividade de precisión o permitan.

 

-        Os Campionatos Autonómicos Clasificatorios, Finais e Interprovinciais son válidos para a renovación e o ascenso de  clase (terceira a segunda) para as LICENZAS de armas tipo “F”, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido.

 

-        As competicións e tiradas restantes que se publican como actividade social, aínda que son de carácter  autonómico, só son válidas para a renovación da LICENZA de armas tipo “F” de segunda ou terceira clase, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido. As competicións deberan realizarse de acordo coas normas e regulamentos en vigor

 

-   Calendario de actividades sociais das modalidades de precisión foi programado a solicitude dos clubs interesados, legalmente inscritos na Federación Galega de Tiro Olímpico e que dispoñen de instalacións regulamentarias. .

 

-   Os clubs organizadores remitiranlles, nos dez díaz seguintes a celebración da tirada,  ás delegacións as actas das competicións realizadas, que deberán estar asinadas polo árbitro oficial e polo responsable do club; de non ser así  non serán válidas.  O incumprimento ou a non aplicación das normas de competición será responsabilidade do club organizador

 

-   Nas Modalidades da MLAIC só se celebrarán competicións nas modalidades de Mariette, Kuchenreuter, Vetterli e Donal Malson.

 

-   tirador que desexe participar en competicións organizadas pola Real Federación Española de Tiro Olímpico, ten que estar en posesión da licenza federativa nacional correspondente, (Prato, Precisión ou Percorridos de Tiro), antes da súa inscrición. Ó realizarse a mesma por un sistema informático, non é posible a súa inscrición senón está tramitada a súa licenza nacional. O Tirador ten que abonar a Licenza federativa de categoría nacional no intre de solicitala, a Real Federación Española de Tiro Olímpico, establece como data límite de solicitude o 31 de marzo do ano en curso.

 

·  Aqueles tiradores que desexen inscribirse en algunha competición que comenza dentro dos tres primeiros meses, deberán tramitar a renovación da súa licenza nacional coa antelación suficiente. Enténdese por antelación suficiente, como mínimo 10 días hábiles, antes da data límite de inscrición da competición. Consideranse días non hábiles, para este efecto, os sábados, domingos e festas nacionais non sustituibles.

 

·  A licenza nacional de precisión expedirase coa categoría que corresponda a idade que o solicitante cumpra durante o periodo de vixencia da mesma. Todos os tiradores cambiarán de categoría no mesmo ano en que cumpran a idade mínima fixada.

 

·  Os tiradores que pasen a categoría de veterano, teñen a posibilidade de renunciar a ésta categoría mediante comunicación por escrito a través desta Federeración Territorial á REFEDETO. A reununica a favor da permanencia na categoría senior realizarase xunto coa solicitude de Licenza Nacional. O incumprimento deste requesito en tempo e forma invalidará a pretensión de ser inscrito na categoría senior. Unha vez efectuada a renuncia á categoría de veterano, manterase a de senior para toda a tempada.

 

·  Tirador deberá preocuparse de que a súa categoría nacional coincida coa categoría que ten asinada na licenza federativa galega.

 

·      Prezos:

 

o    Licenzas nacionais de Prato, Precisión e Percorridos de Tiro: XX,00 €.(sin fixar ainda pola REFEdeTO)

 

o    Licenza de técnico: Sen seguro deportivo XX,00 €. Con seguro XX,00 €.(sin fixar ainda)

 

 

 

-   Modificacións nas licencias federativas: Só se admitirán as solicitudes que teñan entrada na Federación Galega de Tiro Olímpico, antes do día 30 de novembro do ano anterior ó que se solicita a modificación. A solicitude de cambio de Clube ten que ter a aceptación do Club  para o que se solicita o cambio. Deberase presentar escrito en orixinal asinado polo interesado e polo club para o que solicita o cambio.

 

-   A FE.GA.TO., se o considera oportuno, poderá invitar a tiradores, clubes ou Federacións de fora de Galicia co obxeto de intercambiar ou establecer relacións deportivas.

 

----- o -----

 

 

 

                    A Federación Galega de Tiro Olímpico, dispón de caixas de correo electrónico cos seguintes enderezos:

 

·      Sede Central : galega@fegato.eu.

 

·      Delegación de A Coruña: coruna@fegato.eu

 

·      Delegación de Lugo: lugo@fegato.eu

 

·      Delegación de Ourense: ourense@fegato.eu

 

·      Delegación de Pontevedra: pontevedra@fegato.eu

 

·      Conta cunha páxina web con enderezo: www.fegato.eu.

 

 

 

         A sede central da Federación Galega de Tiro Olímpico, permanecerá pechada o mes de agosto, por vacacións.