Novas da Federación 2016

  • 09/12/2016 - CURSO DE ADESTRADORES DE PRECISIÓN E PERCORRIDOS DE TIRO
NOTA INFORMATIVA SOBRE OS CURSOS DE ADESTRADOR DE CATEGORIA REXIONAL.
A Federación Galega de Tiro Olímpico, vese na obriga de suspender, temporalmente, ata novo aviso, os cursos de Adestradores das modalidades de Precisión e Percorridos de Tiro, por un defecto de forma da solicitude, ao non incluir na mesma os requisitos necesarios para poder inscribirse. (Idade, licenza federativa, permiso de armas, experiencia previa na modalidade de percorridos de tiro, e outra documentación esixida para persoal que traballe con deportistas menores de idade).
A Federación.
  • 13/09/2016 - NOVO HORARIO SEDE FEGATO

A partires do luns 5 de setembro o horaio da sede da FEGATO será o seguinte: De luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

  • 28/07/2016 - AVISO PARA OS TIRADORES DA MODALIDADE DE PRATO

Comunicannos do clube de tiro olimpico doce setenta, que a tirada, programada para o dia 28 de agosto, por razóns varias, se pospon ata novo aviso.

Disculpen as molestias

  • 28/07/2016 - NOTA DA VICEPRESIDENCIA DE PRATO

Como no mes de agosto a sé da fe.ga.to.,esta pechada, recordase a todos os tiradores: que para o campionato copa federaccion de trap 3, que se celebrara nas instalacións de rio lerez- pontevedra o próximo dia 4 de setembro, e imprescindible facer o ingreso (no concepto do ingreso facer constar o nome y apelidos) e pasar un email comunicando a inscripcion  a  galega@fegato.es antes do dia 25 de agosto as 20:00.

Inscipcion seniors: 58€

                veteranos: 38€

( conta fegato: es83 2080 5500 4130 4011 3430 )

Recorden: data limite día 25 de agosto 20:00 (non se pode anotar ninguén fora de ese prazo).

O vicepresidente de prato

  • 19/07/2016 - TIRADORES CLASIFICADOS PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CATEGORIAS DE FOSO UNIVERSAL

Relación de tiradores clasificados para participar no campionato de españa por categorias de foso universal, a celebrar en irun (guipuzcua), os dias 30 e 31 de xullo de 2016

  • 17/06/2016 - AVISO PARA OS TIRADORES DA MODALIDADE DE PRATO

Na reunión da Asemblea Xeral da Federación Galega de Tiro Olímpico, celebrada o pasado día 11 de xuño, aprobase o Calendario da modalidade de prato, coa seguinte modificación, en relación co calendario provisional.

O Campionato Provincial de Pontevedra de Foso Olímpico, programado para o día 26 de xuño, pasa a celebrarse o día 25 de xuño (sábado). Este cambio é motivado polo proceso electoral xeral.

Como o día 24 de xuño (venres) é festivo en Galicia, o prazo de inscrición remata o mércores día 22 ás 20:00 horas.

Disculpen as molestias.

O Vicepresidente da modalidade de Prato

  • 14/06/2016 - AVISO IMPORTANTE: CAMBIO DATAS COMPETICIÓN PRECISIÓN

Con motivo da convocatoria de Eleccións Xerais para o próximo día 26 de Xuño, a competición de precisión do campionato provincial clasificatorio de 9mm de Lugo, adianta a súa data para o vindeiro 10 de Xullo.

  • 07/06/2016 - AVISO IMPORTANTE: CAMBIO DATAS COMPETICIÓNS PRECISIÓN

Con motivo da convocatoria de Eleccións Xerais para o próximo día 26 de Xuño, as competicións de precisión dos campionatos provinciais clasificatorios de Coruña e Pontevedra de pistola fogo central, retrasan as súas datas para o venres día 24, día de San Xoan.

Con esta data presentouse aos medios informativos, nun céntrico restarurante de Guitiriz (Lugo), os Campionato de España de Rifle F.Class 600 yardas e Copa Presidente de 900 yardas, a celebrar os días 19 ao 22 do presente mes de maio e o Campionato de España Rifle F.Class 900 yardas e Copa Presidente de 600 yardas, a celebrar os días 14 ao 17 de xullo próximo, no Campamento Militar de Parga – Guitiriz (Lugo).

A Presentación realizouna o presidente da Federación Galega de Tiro Olímpico, D. Angel Blas Paz Díaz, acompañado de Dona Regina Polín Rodríguez, Alcaldesa de Guitiriz; D. Manuel Otero Méndez, Xefe do Servizo de Deportes de Lugo; D. José Miguel Gamazo Sánchez, Teniente Coronel Xefe da instalación militar de Parga e D. Luis Manuel Ares Albor, presidente da Asociación Galega do Rifle e do Tiro Olímpico (AGARTO), organizador das competicións.

A modalidade de F-Class é un deporte moi xoven, o primeiro Campionato do Mundo realizouse en Ottawa (Canadá) no ano 2002. No último Campionato de Europa celebrado en Bisley (Reino Unido) do 10 ao 13 de setembro do 2015, participaron catro tiradores galegos formando parte dos equipos que representaron a España.

As competicións que se celebran nas instalación militares de Parga – Guitiriz (Lugo), e a calidade dos nosos tiradores fan que Galicia se convertise nun referente nacional desta modalidade de tiro.

Lugo, a 6 de maio de 2016.

Secretaría Xeral da Federación.

  • 11/04/2016 - CURSO DE INICIACION DE TIRO Ó PRATO

O pasado sábado día 9 de abril celebrouse nas instalacións da Sociedade de Tiro Pena da Revolta un curso de iniciación de tiro ao prato, para tiradores Junior, Donas Junior e Donas, coa participación de 11 alumnos. O curso foi impartido polo adestrador de categoría nacional D. John Hénderson Rivas, co apoio do presidente do Comité Técnico de Prato, D. Angel Manuel Paz Penelas.

  • 18/03/2016 - AVISO IMPORTANTE

Por razóns alleas á Federación Galega de Tiro Olímpico, non se celebrará a Tirada Puntuable de Trap 3, programada para o día 27 de marzo, nas instalacións do Club de Tiro O Pedreiriño de Entrimo (Ourense).

  • 25/02/2016 - AVISO IMPORTANTE

O Campionato Provincial de TRAP 3 que se celebrará o próximo 28 de Febreiro en Pontevedra, Terán lugar más instalacións do Club de Tiro Río Lérez

 
 
  • 06/01/2016 - Novo Calendario Provisional Competicións 2016 Sección de Precisión

    Xa está disponible o novo CALENDARIO PROVISIONAL 2016 da sección de precisión.

 

 

 

  HISTORÍCO DE NOVAS