Novas da Federación 2015

 

  • 07/12/2015 - RECEPCIÓN

 O Presidente da Xunta de Galicia e os tiradores D. Miguel Angel Colmenares Díaz, Campión de Europa de Armas Históricas 2015 na proba de Tanzutsu R. e D. Juan Antonio Saavedra Reinaldo, 2º posto na Copa do Mundo de Tiro, na modalidade de precisión paralímpica e praza para Rio 2016.

  • 07/12/2015 - TIRADORAS CAMPIONATO XXVI COPA GALICIA PISTOLA AIRE 40

Tiradoras clasificadas no Campionato XXVI Copa Galicia Pistola Aire 40, celebrada nas instalación do Club de Tiro Olímpico Arteixo, o día 29 de novembro de 2015. Campiona: Andrea Barrio Arias, Subcampiona: Nuria Mera Carrion e 3ª Clasificada: Paula Fernández Justo.

  • 07/12/2015 - CAMPIONATO GALEGO DE TIRADORES XÓVENES PROMESAS

Tiradora/e/s da modalidade de precisión (Aire Comprimido) clasificados no Campionato Galego de tiradores Xóvenes Promesas. Estes tiradores xunto con outros clasificados (en total 28),  participaron no Campionato de España para Xóvenes Promesas celebrado  en Pradosalobre (Logroño) do 29 de outubro ao 1 de novembro, onde acadaron 9 Medallas individuales (1 de ouro 4 de prata e 4 de bronce e 8 Diplomas) e 7 Medallas por Equipos (4 de ouro e tres de prata).Total: 16 Medallas e 8 Diplomas.

A estes resultados debemos sumar os que conseguiron na Copa S.A.R. Princesa de Asturias  celebrado no Club Principado de Tiro Olímpico de Oviedo, os dias 24 ao 26 de xullo último. Cunha participación de 24 tiradores, practicamente os mesmos que obtiveron os seguintes resultados: 5    Medallas de ouro; 2 Medallas de prata; 6    Medallas de broce e 16  Diplomas.

Noraboa a todos por tan excepcionales resultados. 

 
 
  • 17/11/2015 - MEDALLA AO MÉRITO DEPORTIVO DA REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TIRO OLIMPICO.

Acto de entrega da Medalla ao Mérito Deportivo da Real Federación Española de Tiro Olímpico a D. JULIAN ENCINAS ASENJO pólo presidente da Federación Galega de Tiro Olímpico, o dia 15 de novembro de 2015, nas instalacións do Club de Tiro Olímpico Eiroás (Ourense), concedida póla súa extensa traxectoria ao servicio do tiro deportivo.

  • 24/09/2015 - SUSPENSIÓN CAMPIONATO DOBRE TRAP.

    Por falta de inscripcións, suspéndese o Campionato Galego de Dobre Trap, programado para o día 27 de setembro, no seu lugar o Club Eiroas organiza un campionato social.

  • 24/09/2015 - CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CATEGORÍAS EN MINIFOSO.

    Éxito dos tiradores galegos da modalidade de prato no Campionato de España por Categorías en Minifoso. Acadaronse 9 medallas por clasificación individual e equipos. 3 Medallas de ouro. 3 Medallas de Prata e 3 medallas de bronce.

    Noraboa a todos eles.

  • 08/09/2015 - RESULTADOS CAMPIONATO DE EUROPA DE ARMAS HISTÓRICAS. 

    Éxito rotundo no Campionato de Europa de Armas Históricas, Celebrado en Barcelos (Portugal) os días 25 ao 29 de agosto de 2015. Os tiradores españois acadaron un total de 21 medallas. 14 foron individuais e 7 por equipos.

    Como compoñente da selección española, destacar a actuación do tirador galego, D. Miguel Angel Colmenares Díaz, que obtivo os resultados seguintes:

    A Xunta Directiva da Federación Galega de Tiro Olímpico felicita a todos os componentes da selección española, e moi especialmente ao tirador galego D. Miguel Angel Colmenares Díaz, polos resultados acadados.

      

    • Medalla de Ouro indiviudal en Tanzutsu Réplica, con 92 puntos.
    • Medalla de ouro por Equipos En Adams, onde D. Miguel Angel Colmenares Díaz acadou 90 puntos.
    • Medalla de Bronce por equipos en Peterlongo, gracias á actuación individual en Mariette de Miguel Angel Colmenares Díaz (94 puntos).
  • 31/07/2015 - Folla inscripción Equipos Federación Gallega para o Campeonato de España de Armas Deportivas Veteranos.

Documento en EXCELDocumento en PDF

  • 23/07/2015 - AVISO TIRADORES PRATO.

Por non completar o número de equipos que suliñan as Normas de Prato para o ano 2015 (Doce equipos/36tiradores), e ao inscribirse en tempo e forma só seis equipos, non se realizará a competición “Campionato Galego por Equipos de Clubes” programada para o día 26 de xullo en curso, nas instalacións do Club Rio Lérez.

            O Vicepresidente de Prato.

 

  • 06/07/2015 - Obituario.

    Sentimos comunicar o pasamento de D. Manuel Sanmartín Gómez, gran tirador da modalidade de prato, mellor deportista e excelente persoa. A tódolos seus familiares e amigos o maior sentido pésame de todos os estamentos que compoñen a Federación Galega de Tiro Olímpico, por tan irreparable pérda.

     

     

  • 28/06/2015 - Nova sección de Actas na web da Federación Galega de Tiro Olímpico.

A partires de agora as actas das comisións delegadas da Federación, das súas asambleas ou de calquera reunión poderanse ver nunha nova sección dentro da web no menú "A Federación".

 

 

  • 24/03/2015 - Relacion dos tiradores clasificados para asistir ás seguintes competicións nacionais representando a Federación Galega de Tiro Olímpico durante o ano 2015.

    Pode acceder a eles picando aquí.

 

  • 01/03/2015 - BAREMOS PRECISIÓN 2015.

    Xa están disponible na web os varemos da sección de precisión para o 2015.

    Pode acceder a eles pola sección de precisión. Ou picando aquí.

 

  • 27/02/2015 - RESTO CALENDARIOS PRECISIÓN 2015.

Xa están disponible na web o resto dos calendarios da sección de precisión, que quedaban por comunicar, tanto os oficiais como os sociais.

Pode acceder a eles pola sección de competicións ou ben pola sección propia de precisión.

 

  • 04/02/2015 - CALENDARIOS PRATO 2015.

Xa están disponible na web os calendarios da sección de prato, tanto os oficiais como os sociais.

Pode acceder a eles pola sección de competicións ou ben pola sección propia de prato.

 

  • 21/01/2015 - CALENDARIOS PROVISIONALES PRECISIÓN 2015.

Xa están disponible na web os calendarios provisionais da sección de precisión, tanto os campionatos fases finais, coma os autonómicos clasificatorios.

Pode acceder a eles pola sección de competicións ou ben pola sección propia de precisión.

Estes calendarios están pendentes de aprobar pola Asamblea Xeral da FE.GA.TO.  teñen carácter provisional, polo que poden sufrir modificacións, ainda así se irán celebrando según se vaian cumplindo as datas.

 

  • 20/01/2015 - RECEPCIÓN ÓS CAMPIONATOS GALEGOS EN COMPETICIÓNS INTERNACIONAIS.

Pica no link para vela

 

 


 

  HISTORÍCO DE NOVAS