Notas Aclaratorias

 

·         Ós premios en metálico, bolsas de axuda, medallas, etc., superiores a 300,00 €.  aplicaraselles a deducción do 21% de Imposto sobre a  Renda das Persoas Físicas.

·         As cantidades que se abonen aos técnicos da Federación Galega de Tiro Olímpico, Adestradores e Xuíces-árbitros, aplicaraselles a dedución do 2% de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

·         As actividades oficiais programadas e os correspondentes orzamentos executaranse sempre que os ingresos destinados á actividade de precisión o permitan.

·         Para poder cobrar os premios en metálico ou bolsas de axuda, os tiradores teñen que cumprir coa condición política de galego que ben establecida no artigo 3.1 da lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonómica de Galicia no que se di expresamente que gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estatuto, teñan a vecindade administrativa en calquera dos municipios de Galicia.

 

·         Os Campionatos Autonómicos Clasificatorios, Finais e Interprovinciais son válidos para a renovación e o ascenso de  clase (terceira a segunda) para as LICENZAS de armas tipo “F”, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido.

·         As competicións e tiradas restantes que se publican como actividade social, aínda que son de carácter  autonómico, só son válidas para a renovación da LICENZA de armas tipo “F” de segunda ou terceira clase, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido. As competicións deberan realizarse de acordo coas normas e regulamentos en vigor

·         O Calendario de actividades sociais das modalidades de precisión foi programado a solicitude dos clubs interesados, legalmente inscritos na Federación Galega de Tiro Olímpico e que dispoñen de instalacións regulamentarias.

·         Os clubs organizadores remitiranlles, nos dez díaz seguintes a celebración da tirada,  ás delegacións as actas das competicións realizadas, que deberán estar asinadas polo árbitro oficial e polo responsable do club; de non ser así  non serán válidas.  O incumprimento ou a non aplicación das normas de competición será responsabilidade do club organizador

 

·         Nas Modalidades da MLAIC e Cartuchería Metálica só se celebrarán competicións nas modalidades de Mariette, Kuchenreuter, Vetterli e Donal Malson, Piñal e Núñez de Castro

·         As armas, tanto orixinais como réplicas,  agrupáranse nunha soa categoría.

·         En Cartuchería Metálica Pistolas e Revolveres tiraran na mesma categoría

·         En Núñez de Castro só se disputará a Modalidade de Fusil Libre

 

·         Nas finais olímpicas das Modalidades de Carabina Aire (10mts), Pistola Aire 60 e 40,  Pistola Libre e Carabina tendido( 50 mts) tendo en conta que as normas que rixen as finais están pensadas para brancos electrónicos cabe facer, sin que afecte o mais mínimo ás puntuacións, unhas pequenas adaptacións que faciliten o seguimento dás finais con brancos de papel:

·         De non existir proxector o pantalla onde tiradores e publico poidan visualizar as puntuacións  procederase  a cantar os disparos dá seguinte:

o    Na 1ª fase de Competición, en cada unha dás dúas series de 5 disparos, cantaranse, una vez  feito o quinto disparo,  os puntos de cada disparo e o sumatorio.  

o    Na 2ª Fase de Competición cantaranse, una vez feito o segundo disparo, os puntos de cada  disparo e o sumatorio, coincidindo co anuncio do tirador eliminado.

o    Na 2ª fase de Competición os tiradores permanecerán a espera dás voces de “transporten brancos” e, unha vez realizado o disparo, de “traigan brancos”, evitando de esta forma distraer o resto de tiradores

 

·         Para a emisión de certificacións de resultados só se certificarán, a petición dos tiradores, aquelas medallas ou resultados conseguidas nas competicións de nivel español  das que se teñan  Actas.

 

·         As modificacións nas licencias federativas, so se admitirán as solicitudes que teñan entrada na Federación Galega de Tiro Olímpico, antes do día 30 de novembro do ano anterior ó que se solicita a modificación. A solicitude de cambio de Club ten que ter a aceptación do Club  para o que solicita o cambio. Deberase presentar escrito en orixinal asinado polo interesado e polo club para o que solicita o cambio.

 

·         A FE.GA.TO., se o considera oportuno, poderá invitar a tiradores, clubs ou federacións de fora de Galicia co obxeto de intercambiar ou establecer relacións deportivas.

 

 

 

A Federación Galega de Tiro Olímpico dispón dunha caixa de correo electrónico cos seguintes enderezos:

 

Sede Central:                                  galega@fegato.eu

Delegación de A Coruña:               acoruna@fegato.eu

Delegación de Lugo:                      lugo@fegato.eu

Delegación de Ourense:                               ourense@fegato.eu

Delegación de Pontevedra:             pontevedra@fegato.eu

 

Así mesmo, conta una páxina web:               www.fegato.eu

 

 

A sede da Federación Galega de Tiro Olímpico permanecerá pechada durante o mes de agosto por vacacións.