Notas Aclaratorias

 

  • Ós premios en metálico, bolsas de axuda, medallas, etc., superiores a 300,00 €.  aplicaraselles a deducción do 21% de Imposto sobre a  Renda das Persoas Físicas.
  • As cantidades que se abonen aos técnicos da Federación Galega de Tiro Olímpico, Adestradores e Xuíces-árbitros, aplicaraselles a dedución do 2% de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
  • As actividades oficiais programadas e os correspondentes orzamentos executaranse sempre que os ingresos destinados á actividade de precisión o permitan.
  • Para poder cobrar os premios en metálico ou bolsas de axuda, os tiradores teñen que cumprir coa condición política de galego que ben establecida no artigo 3.1 da lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonómica de Galicia no que se di expresamente que gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estatuto, teñan a vecindade administrativa en calquera dos municipios de Galicia.
  • Os Campionatos Autonómicos Clasificatorios, Finais e Interprovinciais son válidos para a renovación e o ascenso de  clase (terceira a segunda) para as LICENZAS de armas tipo “F”, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido.
  • As competicións e tiradas restantes que se publican como actividade social, aínda que son de carácter  autonómico, só son válidas para a renovación da LICENZA de armas tipo “F” de segunda ou terceira clase, agás nas modalidades de Armas Históricas e Aire Comprimido. As competicións deberan realizarse de acordo coas normas e regulamentos en vigor
  • Calendario de actividades sociais das modalidades de precisión foi programado a solicitude dos clubs interesados, legalmente inscritos na Federación Galega de Tiro Olímpico e que dispoñen de instalacións regulamentarias.
  • Os clubs organizadores remitiranlles, nos dez díaz seguintes a celebración da tirada,  ás delegacións as actas das competicións realizadas, que deberán estar asinadas polo árbitro oficial e polo responsable do club; de non ser así  non serán válidas.  O incumprimento ou a non aplicación das normas de competición será responsabilidade do club organizador
  • Nas Modalidades da MLAIC só se celebrarán competicións nas modalidades de Mariette, Kuchenreuter, Vetterli e Donal Malson

 

  • Nas finais olímpicas das Modalidades de Carabina Aire (10mts), Pistola Aire 60 e 40,  Pistola Libre e Carabina tendido( 50 mts) tendo en conta que as normas que rixen as finais están pensadas para brancos eléctronicos cabe facer, sin que afecte o mais mínimo ás puntuacións, unhas pequenas adaptacións que faciliten o seguimento dás finais con brancos de papel:
    • De non existir proxector o pantalla onde tiradores e publico poidan visualizar as puntuacións  procederase  a cantar os disparos dá seguinte:
      • Na 1ª fase de Competición, en cada unha dás dúas series de 3 disparos, cantaranse, una vez  feito o terceiro disparo,  os puntos de cada disparo e o sumatorio.  
      • Na 2ª Fase de Competición cantaranse, una vez feito o segundo disparo, os puntos de cada  disparo e o sumatorio, coincidindo co anuncio do tirador eliminado.
      • Na 2ª fase de Competición os tiradores permanecerán a espera dás voces de “transporten brancos” e, unha vez realizado o disparo, de “traigan brancos”, evitando de esta forma distraer o resto de tiradores

 

  • O tirador que desexe participar en competicións organizadas pola Real Federación Española de Tiro Olímpico, ten que estar en posesión da licenza federativa nacional correspondente, (Prato, Precisión ou Percorridos de Tiro), antes da súa inscrición.  O realizarse a mesma por un sistema informático, non é posible a súa inscrición senón está tramitada a súa licenza nacional. O Tirador ten que abonar a Licenza federativa de categoría nacional no intre de solicitala, a Real Federación Española de Tiro Olímpico, establece como data límite de solicitude o 31 de marzo do ano en curso.
    • Aqueles tiradores que desexen inscribirse en algunha competición que comenza dentro dos tres primeiros meses, deberán tramitar a renovación da súa licenza nacional coa antelación suficiente. Enténdese por antelación suficiente, como mínimo 10 días hábiles, antes da data límite de inscrición da competición. Consideranse días non hábiles, para este efecto, os sábados, domingos e festas nacionais non sustituibles.
  • A  licenza nacional de precisión expedirase coa categoría que corresponda a idade que o solicitante cumpra durante o período de vixencia da mesma. Todos os tiradores cambiarán de categoría no mesmo ano en que cumpran a idade mínima fixada.
  • Os tiradores que pasen a categoría de veterano, teñen a posibilidade de renunciar a ésta categoría mediante comunicación por escrito a través desta Federeración Territorial á REFEDETO. A renuncia a favor da permanencia na categoría senior realizarase xunto coa solicitude de Licenza Nacional. O incumprimento deste requesito en tempo e forma invalidará a pretensión de ser inscrito na categoría senior. Unha vez efectuada a renuncia á categoría de veterano, manterase a de senior para toda a tempada.

 

  • Prezos das licenzas Nacionais:
    •  Prato, Precisión e Percorridos de Tiro: xx,00 € (Pendente Refedeto)
    •  De técnico: Con seguro deportivo xx,00 €,  sen seguro xx,00 € (Pendente Refedeto)
  • O Tirador deberá preocuparse de que a súa crase ou categoría nacional coincida coa categoría que ten asinada na    licenza federativa galega. 
  • Para a emisión de certificacións de resultados só se certificarán, a petición dos tiradores, aquelas medallas ou resultados conseguidas nas competicións de nivel español  das que se teñan  Actas.
  • As modificacións nas licencias federativas, so se admitirán as solicitudes que teñan entrada na Federación Galega de Tiro Olímpico, antes do día 30 de novembro do ano anterior ó que se solicita a modificación. A solicitude de cambio de Club ten que ter a aceptación do Club  para o que solicita o cambio. Deberase presentar escrito en orixinal asinado polo interesado e polo club para o que solicita o cambio.

 

  • A FE.GA.TO., se o considera oportuno, poderá invitar a tiradores, clubs ou federacións de fora de Galicia co obxeto de intercambiar ou establecer relacións deportivas.

 

 

A Federación Galega de Tiro Olímpico dispón dunha caixa de correo electrónico cos seguintes enderezos:

 

Sede Central:                                  galega@fegato.es

Delegación de A Coruña:            acoruna@fegato.es

Delegación de Lugo:                     lugo@fegato.es

Delegación de Ourense:               ourense@fegato.es

Delegación de Pontevedra:         pontevedra@fegato.es

 

Así mesmo, conta una páxina web:           www.fegato.es

                                                                       www.fegato.eu

                                                                          www.federaciongalegadetiroolimpico.es

 

 

A sede da Federación Galega de Tiro Olímpico permanecerá pechada durante o mes de agosto por vacacións